
O Proxecto Webs Dinámicas oferta a tódolos centros educativos públicos un conxunto de aplicacións web que lles permitirá construír os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo e rápido.
Actualmente ofrécense tres aplicacións:
- Drupal como portal colaborativo de centro, que viría a substituír á clásica páxina web. A súa principal vantaxe é o seu dinamismo á hora de publicar contido xa que non son precisos coñecementos técnicos para compartir información co resto da comunidade educativa.
- Moodle como aula virtual: Estándar de facto, permite a xeración e restauración de propostas curriculares completas, onde integrar obxectos dixitais.
- Coppermine como galería de imaxes e vídeos.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro.
