Ruta: Administrar > Administración do contido > Publicación RSS
Configura o envío dos contidos da nosa web aos usuarios que a queiran agregar como fonte RSS, xa que tanto a páxina principal como cada termo das categorías é unha fonte RSS.

O que podemos especificar é o Número de elementos por orixe: o número predeterminado de elementos que vai cargar cada orixe, independentemente do número de elementos que existan na fonte orixinal.
Tamén podemos determinar cales serán os elementos que queremos amosar. Podemos elixir entre as seguintes opcións a amosar:
-
Só títulos
-
Títulos e avances (opción predeterminada)
-
Texto completo