Taxonomizar os contidos: Categorías e termos.
Drupal ofrécenos un sistema de clasificación dos contidos publicados na nosa web, baseado en taxonomías, que nos permite, ademáis de organizar o contido da web, definir os permisos de acceso a eses contidos por parte dos usuarios da web, tanto usuarios rexistrados como o público en xeral.
As taxonomías están formadas por categorías, termos e subtermos organizados de xeito xerárquico. Esta xerarquización será a que nos permita realizar a clasificación dos contidos e, despois, a organización física da nosa web. Como veremos máis adiante, a partir desta clasificación inicial constrúense os menús que aparecen na páxina.
O primeiro paso para a creación dunha web será a definición das taxonomías que se precisan para organizar os contidos que se pensa publicar. É moi importante que, antes de empezar a crear contidos e antes de pensar no deseño e aparencia que vai ter a páxina, teñamos pensada unha categorización de onde se van aloxar os contidos que publiquemos. Haberá que deseñar, polo tanto, a estrutura ou mapa do noso sitio.
Para aclarar conceptos podemos decir que unha taxonomía é unha estrutura xerárquica cunha categoría (tamén chamada vocabulario) como nodo principal ou raiz, e un conxunto de termos fillos da categoría, dos que poden a súa vez saír novos termos que chamaremos subtermos, e así sucesivamente ata un máximo de nove niveis.
Na ruta Inicio >> Administrar >> Administración do contido >> Taxonomía, accédese ás distintas opcións para a administración das taxonomías. Como administradores, a nosa función será a de crear as categorías ou vocabularios e o seus termos e subtermos que formarán o esqueleto do portal web, fundamental para poder aloxar os contidos que se vaian crear e para a construción dos menús de acceso a estes contidos.
Cando se fala de taxonomía normalmente englóbase todo, tanto a categoría principal (ou vocabulario) como as subcategorías (ou termos). Aínda que ás veces, por comodidade, tamén poderemos ver que se emprega o termo taxonomía para referirse só á principal, procuraremos non caer neste erro no curso actual e trataremos de seguir o seguinte esquema de terminoloxía:
| Taxonomía |
|
Vocabulario (categoría principal)
Termo_1 (subcategoría de 1º nivel)
Termo_2 (subcategoría de 1º nivel)
Termo_2.1 (subcategoría de 2º nivel)
Termo_2.2 (subcategoría de 2º nivel) Termo_3 (subcategoría de 1º nivel)
|
En resumo: para realizar unha categorización dos contidos dentro da web deberemos crear diferentes taxonomías que constarán dun vocabulario subdividido en varios termos.
Exemplo: no modelo que se preinstala aos centros educativos cando deciden participar no proxecto Webs Dinámicas, unha taxonomía que vai creada é a de "O centro". Esta taxonomía está formada por un Vocabulario: "O centro" no que se agregaron 4 termos: Localización, Dependencias, Organigrama e Secretaría. Á súa vez, o termo Organigrama subdivídese en outros dous subtermos: Consello escolar e Profesorado.
Con esta categorización estaremos creando os compartimentos onde posteriormente aloxaremos os contidos que creemos. Cada contido deberá de ter polo menos un termo onde ser aloxado. Tamén veremos neste curso que un mesmo contido podería aloxarse en varios termos que poden ser da mesma taxonomía ou de taxonomías diferentes.
A importancia de categorizar os contidos e de establecer unha clara estrutura de vocabularios e termos na páxina débese a dous motivos:
- De organización: permítenos, por un lado, garantir a integridade dos mesmos de cara a futuras actualizacións da plataforma e, por outro, xestionar de forma eficiente o traballo colaborativo dos distintos usuarios.
- De permisos: establecer os diferentes permisos que os usuarios da páxina teñen sobre os contidos. Segundo o termo no que estea asociado un contido, o usuario poderá ou non poderá: velo, editalo ou borralo. Este apartado dos permisos verémolo tamén máis adiante.
Cando un centro decide formar parte do proxecto Webs Dinámicas recibe a páxina cun conxunto estándar de taxonomías (as mesmas para todos os centros). É dicir, cunha estrutura básica e cunha configuración de roles, usuarios e permisos preestablecidos.
Relación entre taxonomías, menús, bloques e plantillas.
Para comprender mellor como se relaciona o sistema de taxonomías coa estructura física da nosa web en Drupal vexamos o seguinte esquema.

Donde:
- Na parte superior deste esquema vemos que unha taxonomía (categoría, termos e subtermos), por medio do módulo taxonomy_menu pode convertirse nun menú de Drupal coa mesma estrutura xerárquica que a taxonomía, donde a categoría (opcionalmente) e os termos e subtermos se convirten nos elementos do menú. Poderemos activar ou desactivar estes elementos para facelos visibles ou non.
- En drupal, a creación dun menú implica automáticamente a creación dun bloque de menú co mesmo nome. O bloque conterá os enlaces correspondentes aos elementos do menú correspondente que estean activos.
- Cando coloquemos o bloque de menu nunha rexión dunha plantilla ou tema, ese bloque será visible no momento en que a web se visualize con esa plantilla.
