
Neste módulo veremos tarefas ou rutinas do administrador da páxina, como son: dar de alta aos usuarios, configurar roles... Pero tamén tarefas fundamentais en canto aos permisos dos roles e, polo tanto, dos usuarios, tanto a nivel dos módulos aos que lles permitimos acceder como, nun nivel máis práctico, se poden ou non publicar e onde (en que categoría ou termo).
Por defecto atoparemos, ademáis dos específicos do Drupal, dous roles xa creados, un deles con tódolos permisos (Administrador) e outro con permisos restrinxidos (Profesorado). Podemos crear tantos roles como queiramos, pero debemos lembrar que un número excesivo de roles complicará enormemente as labores de xestión por parte do administrador.
Aprenderemos que hai que asignar usuarios a roles e que será desde os roles desde onde se regule o traballo colaborativo da páxina. Todo o proceso está condicionado por algo que coñeceremos durante este módulo e no que afondaremos no seguinte: as taxonomías.