Permisos
Ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Permisos
Os permisos permíten controlar que é o que poden facer os usuarios no seu sitio con respecto aos módulos. Cada rol de usuario ten o seu propio conxunto de permisos. Por exemplo, pódese dar aos usuarios clasificados como "Administradores" o permiso para "administrar nodos" e negalo aos usuarios ordinarios, os usuarios "autenticados". Os permisos tamén permiten compartir cos usuarios de confianza a carga de administración que supón un sitio con moito uso.
Dende o menú dos roles, indo a “editar permisos”, aparece o mesmo formulario de permisos, pero só coa columna do rol seleccionado.
Cando creamos un novo rol, na imaxe temos por exemplo o de novo rol profe, podemos ver que tódolos permisos están desactivados.
Polo tanto, despois de crear un rol, debemos activar aqueles permisos que nos interesen para ese rol senón os usuarios que teñen ese rol non poden facer nada (con excepción, como dixemos anteriormente, dos permisos que estiveran dados ao rol usuario autenticado pois, como vimos, todos os usuarios que pertenzan a un rol creado tamén serán usuarios autenticados por ter conta no sistema).

Importante: un dos permisos máis básicos e universal, que deben ter activado todos os roles, é o que se atopa dentro do módulo node (node módulo), etiquetado como acceder ó contido, xa que se este permiso non está activado non se vai poder ver ningún contido dos publicados na web.

Tamén é importante ter controlados os permisos dos “usuarios autenticados”, xa que como vimos dicindo, calquera persoa, polo simple feito de identificarse no sistema xa pode ter permisos de escritura, e se repasamos o visto nas formas de acceso ao sistema, podíamos ter activada a opción de nova conta por correo electrónico.
En resume, ou non permitimos que os usuarios se dean de alta eles mesmos, ou os permisos dos usuarios autenticados deben ser os mínimos. Se deixamos simultaneamente as dúas cousas, estamos permitindo que calquera escriba contidos na nosa web, que non é unha web persoal dun usuario, senón que é a web dun centro educativo.