Como xa sabemos para poder identificarnos, temos que dispoñer dun nome de usuario e un contrasinal que haberá que escribir nunha zona da nosa web. Pódense ver dous exemplos de acceso:
- O primeiro sería mediante un bloque onde xa se nos pide directamente o Nome de usuario e Contrasinal. Este bloque aparece se temos activado "Inicio de sesión" na sección dos bloques.

- O bloque anterior non o temos por defecto activado na instalación de Webs Dinámicas. En su lugar ven activado o bloque "Inicio de sesión 2" que é o que recomendamos e xa coñecedes.

Cando se pulsa neste enlace aparece no centro da pantalla un formulario cos mesmos dous campos que tiñamos no primeiro exemplo, é dicir, Nome de usuario e Contrasinal.

Importante: pode ser que por algún motivo (por exemplo por cambiar a plantilla/tema antes de configurar os seus bloques e activar Inicio de sesión 2) voluntaria ou involuntariamente, non atopemos o sistema de acceso por ningún lado. Neste caso sempre podemos acceder ao formulario visto no exemplo 2 anterior escribindo a continuación da URL do noso centro o texto ?q=user como se pode ver na imaxe que aparece baixo este parágrafo. No caso de querer emendar esta situación e poñer visible o bloque de acceso para os usuarios (Inicio de sesión 2), entramos como usuario Administrador para engadir dito bloque.

