Para a publicación dun ficheiro flash seguiremos un método distinto ao que utilizamos para os ficheiro de vídeo e de audio. Neste caso utilizaremos o obxecto que nos proporciona o editor HTML de contidos.
- Creamos ou editamos o contido no que queremos publicar a animación Flash.
- Na sección de Ficheiros adxuntos, adxuntamos ao contido o ficheiro .swf coa animación. Neste exemplo é o ficheiro rebotes.swf.

- Seleccionamos e copiamos (Ctrl+c ou Menú: Editar->Copiar) a ruta completa do ficheiro que aparece debaixo do cadro de texto co nome do mesmo.

- Imos ao editor do texto do contido e co cursor situado lo lugar donde queremos que apareza a animación pulsamos no botón de "Inserir / editar medio embebido"

- Ábrese entón unha ventana para introducir os datos da animación, na que pegamos a ruta do ficheiro antes copiada no campo Arquivo/URL da pestaña Xeral. Tamén podemos introducir as dimensións da visualización ou modificar as obtidas automáticamente do ficheiro. Normalmente xa poderemos ver nesta ventana unha previsualización da animación. Pinchamos no botón Insertar.

- Se o desexamos podemos modificar a aliñación do obxecto flash creado.
- Xa podemos ver a Vista previa ou directamente Gardar o contido.