Saltar navegación

Libros

O módulo Libro ofrece un medio para organizar unha colección de artigos relacionados entre si, coñecidos colectivamente como un libro. Cando se ven estes artigos, de xeito automático, mostran ligazóns ás páxinas adxacentes do libro, fornecendo un sistema de navegación simple para crear e revisar o contido estruturado.

Os libros organizan os contidos nunha estrutura xerárquica anidada. Son útiles para os manuais, Preguntas frecuentes (FAQ), entre outros, permitindo engadir capitulos, seccións, etc. e facilitando un traballo colaborativo.

Por defecto un usuario non administrador non pode crear libros nin engadir contidos a libros xa creados. Para asignarlle os permisos correspondentes teriamos que ir á ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Permisos e marcar no book módulo as opcións que vexamos necesarias para os distintos roles como podemos ver na seguinte imaxe:

Book módulo

Asï como permisos para crear contido tipo libro no node módulo:

Permisos node módulo

Unha vez feito esto, un usuario co rol profesorado  xa podería crear un contido tipo páxina de libro, aínda que non podería crear un libro novo.

Para xestionar os libros e as páxinas que os compoñen teremos que ir á seguinte ruta:

Ruta: Administración > Administración do contido > Libros

Libros

  • Na columna Lista aparece unha relación dos títulos (primeira páxina ou portada) dos libros existentes na nosa web.

Premendo sobre un título pode editarse o contido desta primeira páxina do libro.

Os libros están ordenados por orde alfabética.

Na columna Operacións aparece un enlace sobre a palabra editar orde e títulos. Ao premer sobre el visualízase a estrutura do libro e das páxinas que o compoñen, sendo posible dende esta pantalla editar, borrar ou visualizar o contido de cada unha das páxinas. Tamén se ofrece a posibilidade de ordenalas doutro xeito premendo nas flechas que aparecen na esquerda e arrastrando ata o lugar onde  queremos movela. Para gardar os cambios temos que premer no botón Gardar páxinas de libro

Editar orde e títulos

  • Na pestana de Opcións aparecen os Tipos de índices de libros permitidos e o Tipo de páxina filla predefinido:
    • Tipos de índices de libros permitidos:

Aquí temos que elexir os tipos de contido que os usuarios co permiso engadir contido aos libros poderán engadir á xerarquía do libro. Os usuarios co permiso administrar os índices dos libros poden engadir todos os tipos de contido.

Tipos de índices de libros permitidos

  • Tipo de páxina filla predefinido:

O tipo de contido para a ligazón Engadir páxina filla debe ser un dos seleccionados como un tipo permitido de esquema de libro.

Tipo de páxina filla prederminado

Prememos en Garda-la configuración para conservar os cambios.