Saltar navegación

Menú de taxonomía

Menú de taxonomía

Neste documento explicamos os pasos a seguir para crear o menú que dea acceso a unha nova taxonomia que teñanos creado. Este é un dos procesos máis importantes do traballo do administrador da web, xa que fai que as taxonomías nas que se clasifica o contido da web aparezan na páxina principal como bloques que facilitan o acceso aos contidos. O proceso consite básicamente en crear un menú e asocialo coa taxonomía. Esta asociación faise a través do módulo taxonomy_menu, que ademais encargarase de mantela coherencia entre a estrutura de termos da taxonomía e a estrutura de elementos de menú do menú asociado.

Vexámolo en detalle:

  1. Supoñamos como exemplo que no noso sitio Drupal creamos unha nova taxonomía coa seguinte estrutura:
    • Vocabulario: Deportes
      • Termo 1: Baloncesto
      • Termo 2: Balonmán
      • Termo 3: Tenis
  2. O seguinte paso será crear un novo menú (Administrar > Construción da páxina > Menús > Engadir menú) cos seguintes datos:
    • Título: Igual ao vocabulario da taxonomía (neste exemplo Deportes). Esto non ten que ser así pero facilitará logo a asociación da taxonomía co menú.
    • Nome: Igual que o título pero cumprindo cos requisitos de utilizar so minusculas, números e guións, neste caso sería deportes. Utilizaremos os guións para unilas palablas dun nome composto.
  3. Creado o novo ménu Deportes, a aplicación sitúanos automaticamente na súa lista de elementos que estará valeira.
  4. Volvemos á administración das taxonomías taxonomías (Administrar > Administración do contido > Taxonomía) e editamos o vocabulario Deportes.
  5. Baixamos ata atopar a sección Taxonomy menu e en Menu location selecionamos o menú que acabamos de crear de nome Deportes (ver Figura 1).
  6. En Opcións desmarcamos o check Add item for vocabulary, o resto deixámolo como está e gardamos.
Categoría dentro do menú de Navegación
Figura 1: Configuración do módulo taxonomy_menu para un vocabulario

Se volvemos agora á administración de menús e prememos no menú Deportes veremos que xa ten os elementos correspondentes aos termos do vocabulario.

Menú e elementos de menú

Figura 2: Menú da taxonomía.

Visualizar o menú na web.

Chegados a este punto xa temos a configuración do menú lista, pero este aínta non está visible na web. Como se dixo na documentación sobre os bloques, cando se crea un menú, Drupal automaticamente crea un bloque co mesmo nome do menú. Entón, para que o menú estea visible na web, só falta ir a configuración de bloques e activar este novo bloque para a plantilla coa que se visualiza a web. 
 

Asignar permisos para a nova taxonomía.

Por último, se queremos asignar á nova taxonomía uns permisos de acceso distintos dos establecidos por defecto, debemos ir a Administrar > Mantenemento de usuarios > Taxonomy Access permissions e editar cada un dos roles para establecer os permisos; só se queremos que sexan distintos dos que temos marcados por defecto.
Para saber máis sobre o módulo Taxonomy Access permissions ver o documento sobre o Mantemento de usuarios na súa páxina de Permisos por taxonomías e roles.
O novo menú aparece ao final da lista en  New como indica a figura.

Permisos novo menú

Figura 3: Permisos por taxonomía e rol.


Resumo dos pasos anteriores:

  1. Crear unha Taxonomía co seu Vocabulario e os seus Termos.
  2. Ir a Menús e crear un novo Menú que levará o mesmo nome que lle demos ao vocabulario.
  3. Editamos este Vocabulario e substituímos o Menu location de DISABLE polo Menú creado no punto anterior.
  4. Desactivamos o check de Add item for vocabulary para que non se repita posteriormente na páxina.
  5. Damoslle os permisos necesarios en taxonomy access permissions para cada rol.
  6. Só nos queda facer visible o Bloque correspondente activándoo no lugar desexado da plantilla.