Saltar navegación

Webex Training

Kai Stachowiak . Workshop (Public Domain)

A derradeira sección deste módulo céntrase en analizar o potencial interactivo dun subproducto de Webex que se chama Webex Training. Este é bastante descoñecido pola comunidade docente, entre outras cosas porque non aparece listado como opción no manual do usuario distribuído pola Xunta de Galicia. Porén, este producto está pensado para facilitar a interacción entre os asistentes a un nivel máis profundo que Webex Meetings, mediante o que chaman "sesións de capacitación". Estas no son máis que obradoiros virtuales nos que podemos traballar en diversos agrupamentos (gran grupo, pequeno grupo mediante as breakout rooms, etc..) e focalizando a atención nunha destreza concreta. 

O primeiro que temos que ter en conta é que a interfaz de Webex Training é lixeiramente diferente á de Webex Meetings, e quizáis non sería errado dicir que o seu deseño resulta un pouco menos atractivo para o usuario.

Para poder acceder a Webex Training non é necesario volver a rexistrarse, senón que accederemos a través da aplicación web entrando en http://eduxunta.webex.com

Unha vez teñamos accedido, seleccionaremos a opción "WT" na marxe inferior esquerda da pantalla, tal e como se mostra a continuación:

A seguinte sección centrarase no deseño dunha sesión de capacitación para o noso alumnado, reflexionado sobre que pode aportar de diferente no tocante á interactividade en relación a Webex Meetings.