A planificación das sesións de capacitación programadas segue o mesmo patrón de configuración que o das reunións recurrentes en Webex Meetings, polo que se estamos familiarizados con ese proceso, non resulta complicado configurar a nosa sesión de capacitación recurrente.
Seleccionaremos a opción de "Planificar formación", e a continuación iremos cumplimentando os datos necesarios: Tema, definir contrasinal, etc.... tal e como se ve na seguinte imaxe:

Unha funcionalidade moi interesante e que pode aforrarnos bastante tempo na configuración das sesións de capacitación é o feito de poder importar unha copia da configuración das nosas preferencias de Webex Meetings:
Se seleccionamos a opción de "Copiar desde" marcada coa frecha vermella, aparecerá unha fiestra emerxente que nos permitirá seleccionar de cal das nosas reunións recurrentes queremos importar as preferencias:

Unha vez rematada a configuración da temporalización sesión programada, pasamos as opcións de rexistro. Para isto, debemos seleccionar aos asistentes e decidir como van a poder acceder á nosa sesión. Tamén é o momento no que podemos decidir se queremos asignar un ou varios "presentadores", que terán privilexios distintos dos asistentes para, por exemplo, partillar material.

A continuación, debemos centrarnos nas características técnicas da sesión en si mesma. Se ben en grupos grandes elixir a opción de audioconferencia pode resultar máis operativo se sabemos que a maioría dos asistentes non contan cunha boa conexión a internet, Webex Training deixa configurar varias opcións para comezar as sesións de capacitación, como poden ser o uso compartido de pantalla ou aplicacións ou o envío de ficheiros.

Por último, podemos configurar as breakout rooms (obxecto da sección seguinte) e decidir se compartimos material cos asistentes á nosa reunión de capacitación, de xeito preparatorio antes de que se inicie a sesión. No contexto da ensinanza de idiomas, esta opción pode resultar moi interesante dentro do contexto de flipped classroom ou aula invertida para partillar co alumnado o material necesario (de comprensión de lectura ou comprensión oral) que sexa necesario para logo adicar o obradoiro ou sesión de capacitación ás destrezas productivas derivadas do mesmo.

Unha vez configurada a nosa sesión de capacitación, poderemos acceder a ela. Como xa comentamos en apartados anteriores, a única desvantaxe de Webex Training é que a súa interface pode resultar un pouco máis árida, como se aprecia na seguinte imaxe:

Agora que xa sabemos configurar unha sesión de capacitación programada, pasaremos a explorar a ferramenta con máis aplicacións no ensino semipresencial ou a distancia no ensino de linguas, as salas de pequeno grupo ou breakout rooms.