As sesións de capacitación ou "training sessions" están pensadas para que o organizador poida ensinar aos asistentes como traballar unha habilidade de xeito máis focalizado, ou a dirixir unha presentación. O feito de que esta ferramenta é a única opción que nos ofrece Webex para configurar salas de traballo en pequeno grupo ou breakout rooms fai de Webex Training a opción máis indicada para traballar a produción oral na videocoferencia, dado que na versión Webex Meetings non é posible dividir aos asistentes en grupos máis pequenos dentro da videoconferencia. Esta opción si é ofrecida por outras plataformas como Zoom ou Jitsi, sen embargo. Hogano, Webex permite configurar ata 500 usuarios para a mesma sesión, polo que a limitación que outras plataformas presentan neste aspecto vese solucionada por Webex Training.
Unha vez temos accedido á plataforma web de Webex, e seleccionado a opción de Webex Training, ubicada no lateral inferior esquerdo da pantalla, a interfaz da aplicación cambia lixeiramente e pasamos a ter un deseño como este:
Como se pode observar, as opcións que nos ofrece son practicamente as mesmas que Webex Meetings, e o cambio é máis en termos de deseño visual que en termos de operatividade. Ao igual que temos visto na opción "clásica" de Webex, podemos configurar sesións de capacitación instantáneas (espontáneas, sen programación previa), ou programadas, para as que deberemos seguir os mesmos pasos que para planificar unha videoconferencia normal.
Debido á especial natureza das sesións de capacitación, Webex recomenda configurar as mesmas seguindo certos estándares de seguridade, entre os cales cómpre destacar pola súa aplicabilidade ao noso contexto:
- Requerir un contrasinal: este deberá ser proporcionada polos asistentes ao comezo da sesión. Como aprendimos en seccións anteriores, o contrasinal pode elixirse no momento de planificar a sesión. Seguindo instrucións da Secretaría Xeral Técnica da Xunta de Galicia ao abeiro da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de proteción de datos persoais e garantía de dereitos dixitais, o contrasinal deberá enviarse mediante un correo electrónico separado daquel que conteña os datos de acceso e invitación á sesión de capacitación.
- Especificar que a nosa sesión de capacitación non estea listada: Deste xeito, os asistentes deberán proporcionar o número de sesión exclusivo que aparece na invitación e evitamos posibles intrusismos non desexados.
Se decidimos non listar a nosa sesión, os asistentes poderán unirse empregando a aplicación web mediante o código que aparecerá no correo electrónico que reciban:

- Restrinxir a sesión só aos asistentes invitados: desactivando a opción de inscripción, garantimos que os asistentes non poidan reenviar a invitación a terceiros.
- Restrinxir o acceso á sesión de capacitación unha vez iniciada: unha vez que todos os asistentes teñan accedido á sesión de capacitación, podemos evitar que outros asistentes entren restrinxindo o acceso a dita sesión. Esto pode ser particularmente interesante no caso de exames telemáticos empregando esta funcionalidade.
Como se pode deducir destas recomendacións, elixir o nivel de seguridade depende fundamentalmente do obxectivo que persigamos coa sesión de capacitación. Se pretendemos facer unha sesión de interacción oral, probablemente con especificar un contrasinal sexa suficiente. Se, pola contra, vamos a realizar exames telemáticos ou tratar información sensible en reunión de coordinación ou departamento, entón quizáis sería convinte escoller a opción de que a sesión non estea listada.