Saltar navegación

Premisas básicas

 
https://pxhere.com/es/photo/837347 (Public Domain)

Debido ás circunstancias provocadas pola crise sanitaria a raíz do Covid-19, a visibilidade das plataformas de videoconferencia aumentou exponencialmente. Se ben existen moitas no mercado, con mellores e peores interfaces, ou con maiores ou menores problemas de seguridade, todas elas comparten unha serie de características básicas:

  • Unha sala de reunión onde o organizador e participantes poden verse mediante cámara web e falar, sempre e cando teñan os micrófonos habilitados para tal fin. Para isto, cómpre dar permiso á aplicación a conectar cámara e micrófono ao conectarse. O organizador adoita ter a capacidade de silenciar de  xeito individual os micrófonos dos participantes, algo moi recomendable para evitar ruídos de fondo, estática e acoples ao falar se estamos nun grupo de tamaño mediano- grande. 
  • Un taboleiro virtual onde os participantes poden compartir texto, imaxes, vínculos e tamén compartir a súa pantalla ou determinadas aplicacións que estean a empregar. 
  • Unha fiestra de chat, para aqueles participantes que non poden participar mediante micrófono. Asimesmo, os participantes poden "levantar a man" para pedir turno de palabra, feito que nalgunhas aplicacións vai reforzado por un aviso sonoro.
  • Unha utilidade de enquisa (poll) e notas (notes) para empregar cos participantes.
  • Salas para pequenos grupos ou breakout rooms, onde o organizador pode dividir aos asistentes en grupos aleatorios ou escollidos por el mismo para traballar de forma grupal durante algún momento determinado da videoconferencia. 

A seguinte táboa ofrece unha comparativa das aplicacións de videoconferencia máis empregadas, contrastando as súas utilidades e ferramentas: