Saltar navegación

Desafíos para a videoconferencia

 Os principais detractores da videconferencia como ferramenta educativa consideran que o seu principal problema pedagóxico é a falta de interactividade co alumnado, que só recibe a información en formato "clase maxistral". Evidentemente, estes mesmos detractores non dubidan en sinalar que a fatal dependencia da conexión a internet e a un dispositivo susceptible de dita conexión fan que, cando algún destes falla, sexa complicado implementar inmediatamente un plan alternativo co alumnado. 

Sen embargo, moitas das consideracións ofrecidas polos detractores da videoconferencia parecen estar un pouco desfasadas. Se ben é verdade que os primeiros achegamentos á ferramenta dende o mundo docente estaban moi relacionados coa docencia maxistral, este recurso ten un potencial que os docentes deberían aprender a explotar con máis efectividade, fuxindo de aseveracións ou concepcións simplistas como a ofrecida por Laurillard en 2002, quen chegaba a afirmar que "a videoconferencia como medio ofrece menos que unha clase maxistral en termos pedagóxicos, e simplemente aporta o valor loxístico de reunir xente a través da distancia". Sen embargo, estudos máis recentes demostran como, en realidade, a videoconferencia pode ser empleada positivamente para construír unha pedagoxía efectiva, interactiva e centrada no alumnado e os seus centros de interese. 

Podemos concluír que o profesorado que decida incorporar esta ferramenta á súa docencia debe facelo dunha forma coidadosa e planeada, tendo en conta as necesidades do alumnado, que confronta retos moi diferentes dos que  se plantexan nunha aula presencial. Polo tanto, o camiño pasa necesariamente por unha boa formación docente, na que non se pretenda transferir as metodoloxías da aula física ao mundo virtual, senón que se busquen novos camiños para fomentar a interactividade e o traballo cooperativo. 

Neste sentido, a metodoloxía de Flipped Classroom ou Aula Invertida poder servirnos de bo punto de partida, tentando xerar colaboración na rede e cohesionando ao grupo o máximo posible: