Jitsi: unha opción libre para videoconferencia
O que é Jitsi
Jitsi é unha aplicación libre e de código aberto para realizar videoconferencias en Internet.
A súa principal característica e o que a fai máis atraente é a súa enorme facilidade de uso, ata o punto de ter sido recomendada por algunhas organizacións durante a crise da Covid-19 para a comunicación coas persoas maiores.
Para usar Jitsi soamente fai falta un navegador web recente (versións actualizadas de Chrome, Chromium ou Firefox). Nun móbil ou tablet, funciona mellor se instalarmos a aplicación (que tamén é software libre):
- Para Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=org.jitsi.meet
- Para o iPhone de Apple: https://apps.apple.com/us/app/jitsi-meet/id1165103905
Como se usa Jitsi
Para usar Jitsi, basta acceder con o navegador ao seguinte enderezo web:
Podemos escribir o que queiramos en "Start a new meeting" e darlle ao botón "Go": as persoas que irán comunicar connosco soamente necesitan saber a palabra que escribimos para entrar na videoconferencia.
Por exemplo, se escribimos "curso-videoconferencia", calquera pode conectarse a https://meet.jit.si/curso-videoconferencia para participar:
Os botóns que vemos abaixo son moi intuitivos e semellan os que vemos nunha chamada de móbil. Como se pode ver, pódese engadir un contrasinal para que soamente accedan as persoas que o coñezan.
Alén da instancia principal dos creadores do programa, hai moitísimas instancias de Jitsi en Internet: ao ser o servidor libre e de código aberto, calquera persoa ou organización pode instalar unha instancia de Jitsi nos seus propios servidores, para uso privado ou público. Durante a crise da Covid-19, moitas organizacións teñen partillado gratuitamente as súas instancias privadas de Jitsi. Algunhas que continúan dispoñíbeis:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0

