Acreditación materias de contido progresivo en Bacharelato

Enviado por ramos el Lun, 04/08/2025 - 13:25

O alumnado matriculado en 2º bacharelato en materias optativas de modalidade ou optativas, que non cursara a materia de continuidade correspondente de 1º de bacharelato, deberá realizar una proba de acreditación na materia de 1º, tal como establece a orde  do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
Esta proba terá lugar antes do comezo do curso escolar e, no caso de non superala, terá que cursala como materia pendente.

Banco de libros en Edixgal

Enviado por oscarperez el Vie, 20/06/2025 - 01:13

O novo modelo hibrido E-Dixgal permite a creación nos centros dun fondo de libros que se asignarán como poden ver no seguinte resumo:

Para consultar a lexislación aplicable poden premer nas seguintes ligazóns:

Orde do 28 de abril de 2025 polo que se regula a participación no fondo de libros.

Resolución do 13 de maio de 2025 polo que se regula o proxecto E-Dixgal.

Resolución do 16 de xuño de 2025 polo que se regula o fondo E-Dixgal

Becas para alumnado con necesidades específicas

Enviado por manuelalbertov… el Lun, 26/05/2025 - 09:59

Información sobre o procedemento para solicitar becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025.

Para maís información pulsar o seguinte enlace: