Información días 19 e 20 de marzo

Desde a dirección do IES A Xunqueira I informamos que o centro permanecerá pechado o vindeiro xoves 19 de marzo por ser día festivo no calendario escolar.
O venres 20 de marzo non é lectivo, polo que non haberá actividade docente, se ben a secretaría do centro permanecerá aberta en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A dirección do IES A Xunqueira I.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2026-2027

Enviado por oscarperez el Vie, 27/02/2026 - 18:31

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2026/2027

Lémbrase que a admisión e a matriculación nun centro docente público implican respectar o proxecto educativo do mesmo.

Se queres consultar a normativa sobre o proceso de admisión preme AQUÍ 

Se queres consultar o manual para as familias preme AQUÍ 

Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ 

Se quere consultar a zona de influencia do centro prema AQUÍ (A zona de influencia de bacharelato aínda non está actualizada pola Consellería).

Se quere coñecer os datos do centro, oferta educativa e demais servicios prema AQUÍ

RESERVA DE PRAZA. Desde o 15 de xaneiro ata o 4 de febreiro. 

Por parte do alumnado dos centros adscritos.

Centros adscritos na ESO: CEIP Parada (Campañó) / CEIP A Xunqueira nº1 / CEIP Pedro Antonio Cerviño (Campolameiro) / CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez 

Centros adscritos no Bacharelato: IES de Barro

Este trámite debe facerse no centro de orixe, é dicir, no centro no que actualmente está matriculado o alumno/a, ou a través da aplicación admisionalumnado.

Feita a reserva de praza, para renunciar á mesma a data límite é o 28 de febreiro de 2026 (incluído).

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO. 

Informamos que o criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro IES A Xunqueira I  con data 26/06/2020 é  "pertencer aun coro escolar".

ANUNCIO SORTEO PÚBLICO DO NÚMERO PARA RESOLVER OS EMPATES

Ver resultado sorteo AQUÍ. (NON DISPOÑIBLE)

ASIGNACIÓN PRAZAS RESERVADAS ALUMNADO CENTROS ADSCRITOS

O 23 de febreiro publicarase no taboleiro de anuncios do noso centro.

VACANTES

Antes do 1 de marzo publicación dos postos vacantes no centro. Premer AQUÍ

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Desde o 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive. 

Por parte de alumnado que non pertence a un centro adscrito, que pertencendo a centro adscrito non reservara praza ou que se reincorpore ao sistema educativo. 

A solicitude será única. De ter presentadas máis de unha perderá os dereitos de prioridade que lle poidan corresponder, a non ser que renuncie á anterior indicándoo expresamente na nova solicitude. Poderanse pedir ata 6 centros por orden de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. 

Presentarase:

BAREMACIÓN

Finalizado o prazo de entrega de solicitudes, e sempre que a demanda de prazas sexa superior á oferta de vacantes, será necesario baremar.

As familias poderán presentar, dentro dos 10 días hábiles seguintes ao fin de presentación de solicitudes (do 23 marzo ao 7 abril, ambos incluídos), a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN

Publicaranse o 27 de abril.

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión. 

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro da secretaría do centro ou ben a través da sede electrónica coa súa conta.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN

Publicaranse o 15 de maio.

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión.

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro da secretaría do centro ou ben a través da sede electrónica coa súa conta.

Poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (do 16 maio ao 15 xuño).

MATRÍCULA

Entre o 23 de xuño e o 7 de xullo. Para todo o alumnado, sexa novo ou non, que queira cursar estudos no centro. 

 

COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

Enviado por venancio el Lun, 09/02/2026 - 13:01

Curso 2025/2026

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 6 ao 20 de febreiro.
A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos (sección Programas de éxito educativo>> Proba de acreditación de competencias dixitais - Área 4 - 2º Bacharelato), agás os centros sen xestión en XADE.

enlightenedPreguntas frecuentes sobre o procedemento de acreditación do alumnado en competencias dixitais.

      Correo de contacto: acreditacioncdalumnado@edu.xunta.gal

Impreso de solicitud en la SECRETARIA.

AXUDASLE: Formación en linguas extranxeiras no ano 2026

Enviado por venancio el Vie, 06/02/2026 - 12:17

Prazo de solicitudes aberto dende o 4 de FEBREIRO ata o 3 de MARZO (incluído)

(https://www.edu.xunta.gal/axudasle)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca 647 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026. 

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que se indican na seguinte táboa:

Acreditación materias de contido progresivo en Bacharelato

Enviado por ramos el Lun, 04/08/2025 - 13:25

O alumnado matriculado en 2º bacharelato en materias optativas de modalidade ou optativas, que non cursara a materia de continuidade correspondente de 1º de bacharelato, deberá realizar una proba de acreditación na materia de 1º, tal como establece a orde  do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
Esta proba terá lugar antes do comezo do curso escolar e, no caso de non superala, terá que cursala como materia pendente.