Enviado por oscarperez el Jue, 09/07/2026 - 17:27

Estimadas familias:

Informamos que o vindeiro luns 13 de xullo publicarase no taboleiro da secretaría do centro a listaxe provisional de alumnado beneficiario das axudas reguladas pola "ORDE do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)". 

O luns 27 de xullo serán publicadas as listaxes definitivas.

 A entrega de libros e dos vales de material será realizada na primeira semana do curso 2026/27 ao propio alumnado. 

Reciban un agarimoso saúdo.

O equipo directivo.