Enviado por oscarperez el Jue, 30/04/2026 - 01:49

O IES A Xunqueira I acollerá o vindeiro luns 18 de maio, en horario de 18:30 a 20:30, unha charla formativa dirixida ás fa

milias baixo o título “Privacidade, intimidade e saúde dixital”, que será impartida por José Torres Meira, membro da Garda Civil con experiencia en accións de prevención e concienciación cidadá.

A sesión está orientada a proporcionar ás familias ferramentas e coñecementos clave para afrontar os retos derivados do uso das tecnoloxías por parte da mocidade. Así mesmo, as familias poderán asistir acompañadas das súas fillas e fillos, co obxectivo de favorecer un espazo compartido de reflexión e aprendizaxe.

Durante a ponencia, abordaranse cuestións relacionadas coa seguridade no ámbito dixital, facendo especial fincapé na privacidade, a intimidade e o benestar no uso das tecnoloxías. Ademais, tratarase de maneira destacada a responsabilidade dos pais e nais sobre as accións dos seus fillos e fillas no entorno dixital, incidindo na importancia do acompañamento, a supervisión e a educación en valores no uso das redes e dispositivos.

Para obter máis información sobre o poñente, pódese consultar o seu currículo no seguinte enlace: https://jetorres.es/curriculum/

Esta actividade constitúe unha oportunidade para reforzar a colaboración entre familia e escola na educación dixital do alumnado, promovendo hábitos seguros, responsables e saudables.