Banco de libros en Edixgal

Enviado por oscarperez el Vie, 20/06/2025 - 01:13

O novo modelo hibrido E-Dixgal permite a creación nos centros dun fondo de libros que se asignarán como poden ver no seguinte resumo:

Para consultar a lexislación aplicable poden premer nas seguintes ligazóns:

Orde do 28 de abril de 2025 polo que se regula a participación no fondo de libros.

Resolución do 13 de maio de 2025 polo que se regula o proxecto E-Dixgal.

Resolución do 16 de xuño de 2025 polo que se regula o fondo E-Dixgal

Becas para alumnado con necesidades específicas

Enviado por manuelalbertov… el Lun, 26/05/2025 - 09:59

Información sobre o procedemento para solicitar becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025.

Para maís información pulsar o seguinte enlace:

Actividade "Atrévete coa mente"

Enviado por ramos el Vie, 23/05/2025 - 10:34

"O alumnado de 4º de ESO da modalidade de Ciencias do IES Xunqueira I participou este curso no desafío "Atrévete coa mente" da Galiciencia 2025 centrada na temática "Neurociencia e saúde mental".
Na primeira fase (non presencial) todo o alumnado participou nos tres retos propostos: realización dun test, elaboración dun podcast e preparación dun póster/maqueta relacionado coa temática do evento. Dúas das nosas alumnas de 4ºA, Sabela Osorio e Katia Rodríguez, foron seleccionadas para a fase presencial que se celebrou no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas) o pasado 15 de maio. Concursaron xunto co alumnado doutros centros finalistas nunha ruleta da sorte e quedaron gañadoras da súa categoría (4ºESO e Bacharelato). Foron galardonadas cun diploma, unha cámara fotográfica e un libro da temática. Felicitamos as nosas alumnas polo gran traballo realizado!"

Listaxes provisionais de admisión

Xa poden consultar no taboleiro da secretaría do centro as listaxes provisionais de admisión para o curso 25-26. Poden consultalas presencialmente no centro ou a través da sede electrónica coa súa conta.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro.

 

Oferta educativa ESO e Bacharelato

Enviado por oscarperez el Vie, 24/05/2024 - 19:26

Aquí podedes atopar información sobre as distintas materias que temos no centro tanto na ESO como no bacharelato