"O alumnado de 4º de ESO da modalidade de Ciencias do IES Xunqueira I participou este curso no desafío "Atrévete coa mente" da Galiciencia 2025 centrada na temática "Neurociencia e saúde mental".
Na primeira fase (non presencial) todo o alumnado participou nos tres retos propostos: realización dun test, elaboración dun podcast e preparación dun póster/maqueta relacionado coa temática do evento. Dúas das nosas alumnas de 4ºA, Sabela Osorio e Katia Rodríguez, foron seleccionadas para a fase presencial que se celebrou no Parque Tecnolóxico de Galicia (San Cibrao das Viñas) o pasado 15 de maio. Concursaron xunto co alumnado doutros centros finalistas nunha ruleta da sorte e quedaron gañadoras da súa categoría (4ºESO e Bacharelato). Foron galardonadas cun diploma, unha cámara fotográfica e un libro da temática. Felicitamos as nosas alumnas polo gran traballo realizado!"
- Inicio
- O centro
- ANPA
- Departamentos
- Aula virtual
- E-Dixgal