Xestos saudables
Durmir polo menos 8 horas cada noite O descanso é fundamental para a saúde, a concentración e o benestar xeral. Durmir ben axúdanos a rendir máis e a sentirnos mellor no día a día.

Durmir polo menos 8 horas cada noite O descanso é fundamental para a saúde, a concentración e o benestar xeral. Durmir ben axúdanos a rendir máis e a sentirnos mellor no día a día.
A partir deste mes, cada 3 días imos propoñer un pequeno xesto saudable para mellorar o noso benestar.
Serán accións sinxelas, alcanzables e abertas a toda a comunidade educativa.
In our #Nutriescolas project, we want to remind everyone that taking care of your body can be fun, colorful, and full of energy! From moving more to eating better, every small habit counts towards a healthier lifestyle.
Presentamos o primeiro cartel do noso proxecto #Nutriescolas
Este póster foi creado por Iago, Xabi, Adrián e Álvaro de 4º ESO B Con el iniciamos unha serie de consellos saudables que se irán difundindo no IES Frei Martín Sarmiento Comer ben, moverse e descansar son claves para unha vida sa Pequenos hábitos poden marcar unha gran diferenza Estade atentos/as aos próximos consellos!
#VidaSa #HábitosSaudables #Nutriescolas #IESFreiMartínSarmiento
Logo gañador de Nutrimentes
Xa temos logo gañador!
O alumnado de 4º de E.S.O. B participou cunha chea de propostas creativas para o proxecto Nutrimentes: alimentando o futuro desde a escola. Tras unha votación, o logo de Mateo Requejo de 4º ESO B foi o elixido. Un deseño orixinal e inspirador que reflicte á perfección os valores do proxecto: alimentación saudable, educación e futuro.
O 15 de xaneiro demos comezo ao Plan FOGGA da Xunta de Galicia, dirixido ao alumnado da ESO e coordinado no noso centro por Mónica Vélez. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar hábitos de vida saudables, promover unha alimentación equilibrada e impulsar o consumo de produtos galegos entre os mozos e mozas.
O venres 23 de xaneiro tivemos o pracer de contar con Lidia Folgar no noso centro educativo, cunha serie de charlas adaptadas ás distintas etapas educativas.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal