Logo gañador de Nutrimentes
Xa temos logo gañador!
O alumnado de 4º de E.S.O. B participou cunha chea de propostas creativas para o proxecto Nutrimentes: alimentando o futuro desde a escola. Tras unha votación, o logo de Mateo Requejo de 4º ESO B foi o elixido. Un deseño orixinal e inspirador que reflicte á perfección os valores do proxecto: alimentación saudable, educación e futuro.
A música tamén forma parte de Nutrimentes!
Canción de Claudia Claudia González, alumna de 4º ESO B, compuxo unha fermosa canción que será a banda sonora do proxecto Nutrimentes: alimentando o futuro desde a escola. A súa creatividade e orixinalidade fan que cada nota conecte coas emocións e coa mensaxe educativa do proxecto. Unha obra que nos lembra que o talento do alumnado non ten límites!
