O 15 de xaneiro demos comezo ao Plan FOGGA da Xunta de Galicia, dirixido ao alumnado da ESO e coordinado no noso centro por Mónica Vélez. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar hábitos de vida saudables, promover unha alimentación equilibrada e impulsar o consumo de produtos galegos entre os mozos e mozas.
O programa desenvolverase do 15 ao 28 de xaneiro, cun total de 10 días lectivos.
No primeiro día, o alumnado participante recibiu leite, plátanos e mandarinas, dando así o pistoletazo de saída a este plan de promoción da saúde e do benestar.
Apostamos por educar tamén desde a alimentación.
