Saltar navegación

Utilidades

Preferencias

En "Preferencias" dispoñeremos de dúas pestanas:

1. Configuración xeral: poderemos seleccionar o idioma e o navegador que queremos utilizar para traballar con eXe.

Preferencias

2. Avanzado:

  • Formato predeterminado para documentos novos: HTML5 ou XHTML. Permite elixir en que formato crearemos os nosos novos arquivos por defecto.
  • Modo do editor: Permisivo ou Estrito. En modo permisivo, o editor aceptará calquera tipo de código e non eliminará ou modificará aquel que non cumpra o estándar HTML5 ou XHTML seleccionado.
  • O uso de ligazóns internas só será válido para exportacións a sitio web. Permite crear ligazóns entre as páxinas. Noutras exportacións, esas ligazóns desaparecerán para que o contido non presente problemas de funcionamento.

Preferencias, pestaña avanzado

Visualización previa

Con esta opción poderemos ver unha visualización previa en formato HTML dos contidos creados en  eXeLearning. Tamén tes dispoñible un botón na parte superior dereita! 
Botón visualización previa
 
Ollo! é unha visualización previa. Para compartir o teu traballo deberás gardalo e posteriormente exportar ao formato que desexes.

Editor de iDevices

En "Editor de iDevices" atoparémonos as ferramentas necesarias para crear, exportar e importar novos iDevices. Estas son opcións avanzadas de usuario de eXe.

Informe sobre recursos

Creará un ficheiro CSV onde estarán rexistrados todos os elementos e arquivos contidos no .elp que se está xerando. Esta é unha opción orientada a grandes proxectos e de utilidade para creadores avanzados. 

Actualizar pantalla

Con esta opción faremos a actualización de pantalla do noso traballo.