Ao abrir eXeLearning atoparémonos catro zonas ben diferenciadas:
- Estrutura: nesta sección poderemos crear o índice dos nosos contidos.
- Menú principal: nesta sección poderemos xestionar os arquivos, a impresión, as exportacións, os estilos, as preferencias de usuario e a axuda. Á dereita aparece o botón de "Previsualización" e a opción de activar o "Modo avanzado", que mostrará máis opcións nos menús.
- iDevices: nesta sección poderemos elixir entre diferentes elementos (" iDevices") que nos permiten incluír diversos tipos de contidos e actividades.
- Área de traballo: nesta sección hai dúas pestanas: na pestana "Contido" poderemos visualizar os contidos que imos creando e en "Propiedades" incluír metadatos referentes ás nosas creacións.
Na seguinte captura de pantalla poderemos ver a distribución destas catro zonas de traballo nas que se atopa dividido eXe:

Nós traballaremos en "Modo avanzado"