No apartado "Estilos" do menú principal de eXeLearning poderemos modificar o aspecto visual que terán os nosos contidos. Para iso despregaremos o menú "Estilos" e marcaremos a casa do estilo que queiramos utilizar de entre todos aqueles que teñamos dispoñibles.
Teremos que ter en conta que, dependendo das opcións de exportación que escollamos, o aspecto variará respecto a a previsualización en eXe. Coa opción Utilidades > Visualización previa ou facendo clic no botón verás o seu aspecto como HTML.
Todas as exportacións realizadas cos estilos incluídos na ferramenta teñen responsive design, adaptándose así ao tipo e tamaño do dispositivo no que se visualicen.
Gestor de estilos
No xestor de estilos poderemos acceder ao banco de estilos, importar un estilo que teñamos no noso PC e crear un novo estilo coa ferramenta de deseño de estilos.
Ademais, poderemos comprobar aqueles estilos que temos implementados no noso eXeLearning, podendo exportalos.
Os estilos Base, Docs e os seus derivados, terán activado o editor para modificalos ao noso gusto.
Banco de estilos
Ao facer clic no Banco de estilos, mostrarásenos unha listaxe dos estilos dispoñibles. Só temos que seleccionar un e importalo. Mostrarase o nome dos autores, a licenza, se é de ancho fixo, as cores predominantes e unha ligazón á descrición completa na web. Se queremos instalalo ou actualizar o estilo que xa temos, faremos clic no botón "Importar estilo".
Importar estilos
Podemos importar un estilo xa creado en arquivo .zip.
Crear estilo novo
Crear un estilo en eXeLearning, personalizado, con diferentes cores, imaxes de fondo e cabeceira... Usando a opción Crear estilo novo poderás facelo facilmente.
CeDeC. Creador de estilos de eXeLearning (CC BY)
Unha vez feito, dáslle un nome e atoparalo no menú estilos de eXeLearning. Se usas a opción Crear estilo novo, estarás a crear un estilo partindo de "Base". Se queres partir doutro estilo non tes máis que editalo, facer os cambios que queiras e gardalo con outro nome. Non poderás facelo con todos os estilos; unicamente con aqueles que sexan editables.
Sempre poderás volver editar o teu estilo ou facer outros novos a partir del.
Agora os teus contidos de eXeLearning poderán ser personalizados ao teu gusto.
Distintos aspectos de un contenido dependiendo de las exportaciones