No menú principal de eXe atoparémonos unha serie de opcións, necesarias para realizar tarefas como abrir, gardar, imprimir, exportar, crear, importar, seleccionar estilos... e tamén as opcións "Modo avanzado" e "Visualización previa".
![]()
Ao marcar a casilla de "Modo avanzado", mostraranse máis opcións nos menús Arquivo e Utilidades, opcións avanzadas de catalogación da pestana Propiedades e opcións de agrupamento e selección de iDevices a mostrar.
Para a realización deste manual marcamos o "Modo avanzado" por defecto.
Ao facer clic sobre o botón "Visualización previa" obteremos unha visualización temporal do noso contido coma se realizásemos un exportado "Sitio web". Cada vez que fagamos modificacións nos nosos contidos co editor de eXeLearning, utilizaremos de novo o botón para observar os cambios. No menú "Axuda" atoparémonos titoriais e manuais de eXe, notas da versión que temos instalada e ligazóns ao sitio web e os foros de eXeLearning.net onde poderemos realizar preguntas, notificar erros e pedir novas funcionalidades.





