Os iDevices son elementos que nos permiten incluír diversos tipos de contidos e actividades. Para acceder á xestión completa de todos os iDevices teremos habilitado o modo "Modo avanzado".

Modo avanzado non activado Modo avanzado NON activado
Os iDevices están organizados por categorías, atendendo ao tipo de acción ou presentación que realizan.
- iDevices de Texto e tarefas
- iDevices de actividades interactivas: permiten ao alumno interactuar directamente co obxecto.
- iDevices de presentación de información non textual: imaxes, arquivos e páxinas web.
Desagrupar / Agrupar iDevices
Este botón permitirá mostrar os iDevices por categorías ou ordenados alfabeticamente.
Editar os iDevices
Con esta opción elixiremos os iDevices que queremos mostrar. Só teremos que seleccionalos e gardar os cambios.