Que pasos debemos seguir para instalar eXeLearning?
eXeLearning dispón de dous tipos de instaladores para distribucións GNU Linux. Un instalador . deb para Ubuntu/Debian e derivados e un instalador . rpm para Fedora/ RedHat e sistemas derivados destes. Basicamente debemos descargar aquel que sexa o indicado para o noso sistema operativo e facer dobre click sobre o instalador seguindo o proceso de instalación habitual de calquera aplicación do noso sistema. Se por algún casual tivésemos algún problema facendo dobre click sobre o ficheiro (problema de permisos de execución ou algo parecido), sempre pode realizarse unha instalación avanzada desde a terminal de comandos ou pedir axuda nos foros de eXeLearning.
Paso 1
Descargamos en http://exelearning.net/descargas a versión axeitada ao noso sistema operativo.
Paso 2
Gardamos o arquivo no disco duro.
Paso 3
Instalamos o paquete descargado: facendo dobre clic sobre o arquivo .deb o .rpm se lanzará o xestor de instalación.
Paso 4
Ao finalizar o proceso crearase un acceso directo.
Paso 5
Executamos eXeLearning por primeira vez. Nos aparecerá as preferencias onde poderemos seleccionar a lingua e elexir o navegador para traballar. No caso de no querer mostrar a xanela cando incia eXe, desmarcaremos a casilla.
Lembra Gardar os cambios.

Con estes cinco sinxelos pasos, o noso eXeLearning estará instalado e configurado na lingua desexada.
