Saltar navegación

Estrutura

EstructuraCoas ferramentas que atopamos no bloque "Estrutura", poderemos crear a nosa árbore de contidos. Se temos uns contidos extensos; estruturarémolos en Temas, Seccións e Unidades para que sexan máis comprensibles e accesibles aos nosos lectores.

Ao comezo de todo proxecto de eXeLearning atoparémonos co nodo ou páxina denominado "Inicio", nodo do que colgarán todos os nosos contidos. A este nodo denominarémolo " nodo pai".

Minimizar o panel lateral.

Facendo clic sobre o icona icono (arriba á dereita) poderás ocultar o panel lateral esquerdo. Desta forma poderemos dispoñer de máis espazo na pantalla para editar e crear os nosos contidos.

Engadir páxina / Borrar / Renombrar.

Para engadir novos nodos ou páxinas, seleccionaremos o nodo do que queremos que colguen (pai) as novas páxinas (fillas) e engadiremos páxina. Crearase un novo nodo que poderemos renombrar ao noso gusto ou borrar. Para renombrar un nodo ou páxina, seleccionarémolo e picaremos sobre a ligazón " Renombrar". Facendo dobre clic sobre o nodo seleccionado conseguiremos o mesmo efecto. Para borrar un nodo bastará con seleccionalo e picar sobre a ligazón "Borrar". Temos que ter en conta que se borrará a páxina e todo o contido da mesma.

Neste vídeo indícase como crear unha estrutura de nodos:

Cedec. Crear estrutura de contidos (CC BY)

Subir / baixar un nodo na xerarquía. Mover un nodo cara arriba / abaixo.

As frechas "subir e baixar un nodo na xerarquía" e "mover un nodo arriba ou abaixo" atoparémolas na parte inferior do bloque "Estrutura" e con elas poderemos aumentar ou diminuír a importancia dunha páxina e cambialas de orde. Neste vídeo indícase como reordenar unha estrutura de nodos:

Cedec. Reordenar estructura de nodos (CC BY)

Aviso: Moito cuidado ao Borrar

Ten coidado ao utilizar a opción Borrar un nodo. Se a seleccionas para borrar un nodo que teña distintos subnodos ou nodos fillos, eXelearning eliminaraos todos.

Práctica básica eXe nº 1: modifica a estrutura

  1. Crea un cartafol no teu PC denominada "Curso de eXe Learning"
  2. Descarga o arquivo u1_A1. elp ao cartafol "Curso de eXe Learning"
  3. Abre o arquivo u1_A1. elp (Podes facer dobre clic sobre el)
  4. Ordena a estrutura
  5. Renomea "Tema 1" por "O meu primeiro tema"
  6. Borra o nodo ou páxina denominado "Sección 1.3"
  7. Crea un novo nodo chamado "Sección 2.3" e ordénao adecuadamente
  8. Garda os cambios (Arquivo > Gardar)