Saltar navegación

Bocadillos (ToolTip)

Un tooltip (tamén chamada descrición emerxente) é unha ferramenta de axuda visual, que funciona ao situar o  cursor sobre algún elemento gráfico, mostrando unha axuda adicional para informar o usuario da finalidade do elemento sobre o que se atopa.

Os  tooltip son unha variación dos globos de axuda e é un complemento moi usado en programación e deseño, dado que proporcionan información adicional sen necesidade de que o usuario a solicite de forma activa.

de Wikipedia

Se pasas o  cursor polas ligazóns, poderás comprobar do que estamos a falar. Si, eses efectos son os "Bocadillos ou  ToolTips". 

Ten en conta que non se debe abusar dos efectos "Bocadillo". Non hai que facelos moi extensos nin poñer imaxes moi anchas. Os  ToolTip só admiten un ancho por baixo de 300  px. 

A interface gráfica de usuario, coñecida tamén como  GUI (do inglés  Graphical  user  Interface) é un programa informático que actúa de interface de usuario, utilizando un conxunto de imaxes e obxectos gráficos para representar a información e accións dispoñibles na interface. O seu principal uso, consiste en proporcionar unha contorna visual sinxela para permitir a comunicación co sistema operativo dunha máquina ou  computador.