Na área de traballo veremos dúas pestanas: Contido e Propiedades. A continuación explicamos cada unha delas.
Contido
Esta é a pestana que utilizaremos para incluír os iDevices e os nosos contidos. A pestana "Contido" é a nosa zona de traballo e creación.
Propiedades
Ao pulsar na pestana "Propiedades" atoparémonos tres pestanas (se temos o Modo avanzado activado; se non, veremos menos campos):
- Paquete
-
Poderemos realizar a catalogación e completar os datos do noso proxecto:
- Título: permite incluír o título do proxecto. Aparecerá na parte superior do obxecto creado na maioría dos estilos.
- Idioma: selecciona o idioma do teu contido. Aparece por defecto o idioma seleccionado en Utilidades > Preferencias.
- Descrición - Xeral: resumo dos contidos do recurso.
- Descrición - Obxectivos: enumeración dos obxectivos que se pretenden co recurso.
- Descrición - Coñecemento previo: requisitos necesarios ou aconsellables para comezar a traballar o recurso.
- Autor: permite incluír o nome do autor do proxecto.
- Licenza: dá a opción de seleccionar o tipo de licenza do contido. Se valente e licencia os teus contidos con CC by sa! Compartindo gañamos todos.
- Tipo de recurso educativo: selecciona no despregable o tipo de recurso que máis se adapta ao teu.
- Especificacións de utilización: selecciona aquelas opcións que máis se adecúan ao teu recurso.
- Fondo da cabeceira: permite inserir unha imaxe que se mostrará na parte superior esquerda das páxinas do proxecto. Prodrá repetirse e quedará por baixo do título. Esta opción non está habilitada en todos os estilos.
- Pé de páxina: dá a posibilidade de incluír un pé de páxina.
- Descrición: permite introducir unha breve descrición do proxecto.
- Taxonomía: dá opción de modificar os nomes por defecto dos nodos na súa creación.
- Opcións avanzadas: poderemos marcar a casa de compatibilidade con versións anteriores de eXe. Esta opción elimina no paquete os metadatos introducidos nesta pestana.
- Metadatos
-
Son datos que describen outros datos. En xeral, un grupo de metadatos refírese a un grupo de datos, chamado recurso. O concepto de metadatos é análogo ao uso de índices para localizar obxectos no canto de datos. Por exemplo, nunha biblioteca úsanse fichas que especifican autores, títulos, casas editoriais e lugares para buscar libros. Así, os metadatos axudan a situar datos. (Obtido de Wikipedia)
- Dublin Core é un modelo de metadatos elaborado e auspiciado pola DCMI ( Dublin Core Metadata Initiative).
- LOM ( Learning Object Metadata) é un modelo de datos utilizado para etiquetar e describir un obxecto de aprendizaxe e outros recursos dixitais similares. Grazas ao seu uso na catalogación do obxecto, faise máis sinxelo atopalo con posterioridade nos bancos de recursos.
- LOM é un estándar internacional e a súa adaptación ao contexto educativo español é LOM-É ( http://educalab.es/intef/tecnologia/recursos-dixitais/ lom-é)
O uso de metadatos é moi importante para que os teus recursos sexan facilmente atopados polos buscadores e nos repositorios especializados de obxectos educativos.Se enchiches as opcións da pestana paquete, cumprirás os requisitos da catalogación mínima LOM-É. Anímache a informar dos teus contidos cos metadatos. - Exportar
-
Na nova versión de eXe, todos os exportados de contidos xerados coa ferramenta serán editables por defecto. Isto é, poderemos abrir con eXe paquetes scorm, ims, html,... que fosen xerados con esta versión ademais dos propios paquetes de eXe (. elp). A opción de catalogación por defecto será LOM-É.
Neste apartado poderemos incorporar unha Barra de procura ao noso material, que só será visible na exportación a sitio web editable, e unicamente se o proxecto está aloxado nun servidor (non se mostrará en arquivos locais).