
Natureza morta con tarteira
NATUREZA MORTA CON TARTEIRA, FRUTEIRO? (Still Life with Compotier)
AUTOR: PAUL CÉZANNE
CRONOLOXÍA: (1879-1882) ÚLTIMO TERZO SÉCULO XIX
MOVEMENTO: POSTIMPRESIONISMO
TÉCNICA: ÓLEO SOBRE LENZO
XÉNERO: NATUREZA MORTA/ BODEGÓN
LOCALIZACIÓN: COLECCIÓN PARTICULAR Sr. e Sra. LECOMTE, PARÍS.
Cezanne aprendeu a técnica impresionista con Pisarro pero a súa pintura vai máis alá do impresionismo, recupera o volume, grazas á xeometría, o debuxo e a definición das formas, mediante pinceladas que foron chamadas "construtivas"; todo iso sen renunciar á cor cuxa intensidade prima mediante os contrastes e as sombras coloreadas.
Nos seus cadros poténciase o primeiro plano resultando comprimidos os demais e realiza pequenas distorsións, froito da utilización de máis dun punto de vista.Cezanne dá un paso fundamental que abrirá o camiño á arte do século XX ao considerar que as formas dos obxectos se ven modificadas polas dos obxectos adxacentes, o cal supón a superación da xeometría euclidiana.
O artista declarou a un amigo que tamén os obxectos como a natureza, cambian cada día. As mazás son para o artista unha ocasión única para indagar a relación que liga os obxectos ao espazo. Liñas verticais que se opoñen a liñas horizontais, diagonais a círculos e elipses. A cor de vermellos e amarelos contrasta coa severidade dos contornos azuis e grises. O pintor escolle os obxectos pola súa capacidade de abranguer a gama máis ampla de sensacións táctiles e visuais.
Con esta pintura iníciase a serie de grandes bodegóns de períodos intermedios e finais de Cézanne. Neste cadro o froiteiro está tan torpemente deseñado que nin sequera o seu pé queda centrado. A mesa non só se inclina de esquerda a dereita senón que tamén parece coma se estivese desnivelada cara a diante. Cézanne dános un retallo de cor que fai que o pano da mesa pareza estar feito de lata.
Pero non hai que ir lonxe a buscar a razón desta aparente torpeza. Cézanne deixou de dar por admitidos os procedementos tradicionais da pintura, decidindo comezar coma se antes del non se tivese pintado cadro ningún. Cézanne escolleu os seus temas para estudar algúns problemas específicos que desexaba resolver. Sábese que estivo fascinado pola relación entre o colorido e o modelado. Un volume sólido de tan brillante coloración como unha mazá constituía un tema ideal para analizar ese problema. Sábese que estivo interesado en conseguir un deseño equilibrado. Por iso estirou a cunca do froiteiro cara á esquerda como para encher un baleiro. Posto que desexou estudar todas as formas colocadas sobre a mesa nas súas relacións entre si, inclinou sinxelamente esta cara a abaixo para facer que se visen aquelas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0