Saltar navegación

A serie da catedral de Rouen

Ficha técnica

A SERIE DA CATEDRAL DE ROUEN

AUTOR: MONET

CRONOLOXÍA: (1890-1893) ÚLTIMO TERZO SÉCULO XIX

MOVEMENTO: IMPRESIONISMO

TÉCNICA: ÓLEO SOBRE LENZO

TEMA: PAISAXE

LOCALIZACIÓN: MUSEO PUSHKIN (MOSCÚ)

Comentario

As series que Monet emprendeu a finais da década de 1880 significaron un enorme avance na súa carreira artística: primeiro con montóns de feo (serie dos palleiros de feo, almiares de heno), logo con chopos, e a principios dos anos 1890, coa catedral de Rouen. O feito de repetir o mesmo motivo en varios cadros permitíalle representar mellor os cambios de luz en función da hora do día e do tempo atmosférico imperante: o frío da aurora, a calor vibrante do mediodía, as sombras do atardecer ou os reflexos no pavimento mollado despois da tormenta. O pintor facía obras distintas, non con temas e motivos novos e innovadores, senón representando diferentes horas do día e cunha paleta de cor cambiante. Non é de estrañar, polo tanto, que os títulos das diferentes obras de cada serie aludan á cor predominante ou á hora do día na que foron realizadas.

Ás veces traballaba en dúas obras a un tempo para poder plasmar os cambios de luz mentres se producían. O obxecto material do cadro quedaba relegado así a un segundo plano: “a arquitectura da catedral esváese nun mar de vibrantes trazos de cor.”

Entre febreiro e abril de 1892, Monet empeza a pintar a serie da catedral de Rouen, empeño que se prolonga ata 1894. O ciclo das catedrais comprende máis de cincuenta pinturas nas cales Monet indaga de xeito sistemático a mutación das cores en relación coas variacións da luz na arquitectura, en relación cos diversos puntos de vista e coas distintas horas de observación. Os resultados aos que chega nestes lenzos son diferentes, a pesar da identidade do tema. Con estas investigacións demostra ao observador a mutabilidade e a relatividade da visión, así como que a realidade é descomposta por ela en momentos distintos, todos igualmente válidos.

O edificio non é máis que un fondo, unha escusa, para mostrar o auténtico protagonista da composición: a capacidade da pintura de representar a calidade dinámica da luz e o ambiente, que é capaz de dar vida a algo tan pétreo e inanimado como a impoñente fachada da catedral gótica.

Malia a aparente monotonía do conxunto, Monet escolleu en realidade tres ángulos lixeiramente distintos desde os que captar as variantes luminosas da fachada da catedral, na que os detalles se esvaen baixo o ceo azul claro, o rosa e o dourado, segundo estean á luz ou á sombra.

Agúns dos cadros desta serie son: A catedral de Rouen, efectos de luz matinal; A catedral de Rouen, primeiro sol; A catedral de Rouen a pleno sol; A catedral de Rouen a mediodía; A catedral de Rouen, a tarde.