Saltar navegación

Cezanne

Paul Cezannne

Paul Cézanne (1839-1906) contaba cunha importante fortuna persoal que lle permitiu dedicar a súa vida á investigación artística. Empezou os estudos de arte a inicios da década de 1860 na Academia Suiza de París, animado polo escritor Émile Zola, quen lle presentara a Manet e Courbet.

Alí coincidiu cos impresionistas Monet, Pisarro e Renoir, e estivo vinculado a este movemento durante a década de 1870, pintando ao aire libre. Con todo, axiña deixou de lado o impresionismo e se interesou máis pola análise estrutural da pintura.

En 1895, Cézanne recibiu o eloxio e recoñecemento unánime dos medios artísticos parisienses, e esta sona reportoulle a celebración de numerosas exposicións. A través de bodegóns, retratos e paisaxes da Provenza, o pintor francés inagurou un novo camiño en solitario por medio do estudo dos volumes, a xeometrización da forma e a austeridade cromática. Con todo iso, Cézanne sentou as bases da revolución das Primeiras Vangardas.