Saltar navegación

A noite estrelada

Ficha técnica

A NOITE ESTRELADA

AUTOR: VAN GOGH

CRONOLOXÍA (1889) ÚLTIMO TERZO SÉCULO XIX

MOVEMENTO: POSTIMPRESIONISTA

TÉCNICA: ÓLEO SOBRE LENZO

TEMA: PAISAXE

LOCALIZACIÓN: MoMA (NUEVA YORK)

Van Gogh divide a tea en dúas metades: a inferior, onde pinta unha vista afastada dun pobo ao pé das montañas, e a superior, onde destaca o brillo dos astros no ceo. Ambas as dúas partes áchanse unidas por dous cipreses que rompen verticalmente a composición do cadro, e pola torre do campanario do pobo.

Na parte inferior, as casas constrúense con liñas rectas e figuras xeométricas básicas: cadrados, rectángulos e triángulos. As árbores e as montañas foron perfiladas mediante liñas curvas, pero seguindo uns parámetros de repetición que anulan o dinamismo e crean orde e tranquilidade. En cambio, tanto os cipreses coma o ceo espertan no espectador unha sensación inquietante de caos e vitalidade, froito dunha pincelada dinámica e sinuosa. Esta sensación vese reforzada polos dous remuíños que dominan o centro da obra e que se contrapoñen ás liñas verticais proxectadas polos cipreses e polo campanario.

O azul convértese no protagonista cromático principal do lenzo. É importante sinalar que as liñas negras que marcan o contorno das casas, das árbores e das montañas axudan ao artista a dominar a mestura de cores, detalle que non utiliza na metade celeste, onde o amarelo se expande e anula a forte presenza do azul.

Aínda habendo traballado do natural, o resultado é calquera cousa menos realista. A poderosa imaxinación de Van Gogh transformou a vista nocturna nunha especie de acontecemento cósmico: o ceo aparece iluminado por multitude de cometas que xiran vertixinosamente, creando unha serie de remuíños de luz, e o pobo de Arlés queda sumerxido nunha atmosfera sobrenatural. O resultado é un cadro vigoroso e vibrante.

Esta obra foi pintada durante a estancia de Van Gogh no sanatorio de Saint-Rémy. A obra ten que ser interpretada desde a vertente emocional e simbólica do artista e no como un reflexo fiel dunha paisaxe.

A forza da pintura de Delacroix, a preocupación do impresionismo pola luz, a cor plana, sen sombras nin claroscuros, e o contorneo das figuras cunha liña negra dos gravados xaponeses, convértense no punto de referencia da pintura de Van Gogh.

Van Gogh abandonou o impresionismo en favor da utilización simbólica da cor e da forma por medio dunha pincelada vigorosa e empastada.