- Inicio
- O centro
- Oferta educativa
- Idiomas
- Secretaría
- Biblioteca
- Galería
- Alumnado
- Calendario
-
EOI+
- Actividades culturais
- Cafetería
- Corolínguas
- Proxectos Europeos
- Radiolínguas
- Redes sociais
Proba de Clasificación 2025-2026
| 2026 | |||
|---|---|---|---|
| Idioma | Data | Hora | Aula |
| Alemán | 9 de setembro | 10:00 | 20 |
| Chinés | 9 de setembro | 18:00 | 30 |
| Español | 10 de setembro | 12:00 | 39 |
| Francés | 9 de setembro | 16:00 | 20, 21 |
| Galego | 10 de setembro | 09:30 | E6 |
| Inglés | 10 de setembro | 16:00 | Plantas 2 e 3 (ver aulas no taboleiro o día da proba) |
| Italiano | 10 de setembro | 17:30 | 10 |
| Portugués | 9 de setembro | 15:30 | E9 |
| Xaponés | 10 de setembro | 18:30 | E2 |
Que é a proba de clasificación?
É unha valoración dos teus coñecementos da lingua na que queres matricularte.
Onde terá lugar?
Na sede Central da EOI de Vigo (Rúa Martínez Garrido 17, 36205 Vigo).
Para que serve?
Para que o profesorado poida recomendarche o nivel máis adecuado. A proba ten validez durante dous cursos académicos en todas as Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.
Quen debería facela?
Todas aquelas persoas que saben falar, comprenden, len e escriben na lingua (sobre todo se non teñen ningún documento oficial que o certifique) e consideran que teñen un nivel superior ao inicial. Non é necesaria para acceder a A1.
En que consiste a proba?
Consiste nunha proba escrita (máximo 1 hora) na que escribirás un ou dous textos, e unha entrevista oral de 5 a 10 minutos con dous profesores para valorar a túa comprensión e expresión oral.
Que debo levar á proba?
Documento de identidade (DNI/NIE) e o xustificante de matrícula. Recoméndase chegar 10 minutos antes.
Cando recibirei os resultados?
Os resultados publicarase na páxina web da EOI de Vigo o día 14 ás 14:00.
Que debo facer despois?
Matricularte no nivel recomendado nos prazos oficiais. Podes consultar toda a información na web ou na administración do centro.
