Información da biblioteca da EOI de Vigo
Servizos da Biblioteca
- Amplo catálogo en 9 idiomas: alemán, chinés, español, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés.
- Lecturas adaptadas a distintos niveis, banda deseñada, non ficción, cultura, literatura, etc.
- Dicionarios, libros de texto e de autoaprendizaxe.
- Audiolibros.
- Películas e series en V.O. subtituladas.
- Música en CD.
- Ordenadores de uso libre.
- Puntos de bookcrossing (intercambio libre de libros) situados en diferentes plantas da sede central.
Espazos da Biblioteca
SALA DE LECTURA (Aula E5 - Entreplanta -1)
Horario: de setembro a xuño, de 8:30 a 21:30 (venres ata as 20:00).
Este espazo está destinado ao estudio e lectura en silencio.
Pechada durante os meses de xullo e agosto.
SALA ABERTA (2º andar)
Horario: de setembro a xuño, de 9:00 a 21:00.
Espazo polivalente para estudo, acceso a ordenadores e actividades. Non está illada do ruído da biblioteca.
Pechada durante os meses de xullo e agosto.
Normas da Biblioteca
Ficha de lector/a
O alumnado matriculado nos grupos ordinarios da escola é dado de alta de modo automático e dispón dunha ficha de lector na base de datos.
O alumnado matriculado nas seccións ou nos cursos do CFR (CEFORE), CALC, That’s English!, CELGA ou Linguaxe Administrativa deberá solicitar primeiro unha certificación da secretaría da EOI de Vigo ou do CFR que acredite a súa matriculación. Para acceder á súa ficha, o/a lector/a deberá achegar a certificación de matrícula e dar o seu número de DNI / NIE con letra (ou o número do documento co que efectuou matrícula).
Identificación para empréstito
A persoa encargada de empréstito identificará o alumnado co número do DNI/NIE. Se o alumno/a non fose atopado na base de datos por algunha razón, terá que presentar unha certificación da secretaría da EOI que acredite a súa matriculación.
Empréstito
- Os fondos da biblioteca poden ser consultados no catálogo online ou presencialmente.
- Aviso importante: Tras obter os resultados dunha busca no catálogo, nunca prema no enlace “[Reservar exemplar]” porque o material quedará bloqueado e non se poderá emprestar.
- Os andeis para a consulta dos materiais no 1º andar están abertos durante o horario de atención ao alumnado.
- Cando retire un material dun andel, deixe inmediatamente un cartón vermello no seu lugar. Se non o leva, devolva o libro e retire o cartón.
- Pode tamén deixar o material no carriño á entrada da sala.
- Unha vez elixido o material, realice o empréstito na mesa correspondente.
- Pódese solicitar o empréstito de duas obras como máximo.
- O empréstito farase por un período de 15 días.
- Renovación: Pode renovar unha vez por outros 15 días. Debe traer o material á biblioteca.
- O atraso na devolución penalízase: perderá o dereito a levar material por tantas semanas como días de atraso (só días lectivos).
- A devolución pode facerse na mesa de empréstito ou na caixa de devolucións exterior.
- O lector/a é responsable do estado do material. Deberá repoñer ou pagar calquera deterioro.
- O servizo de empréstito empeza 5 minutos despois da chegada da persoa encargada e remata 10 minutos antes do final da quenda.
Suxestións
Para calquera suxestión sobre o servizo de biblioteca ou sobre material que lle gustaría ter, utilice a páxina de contacto da EOI de Vigo ou a caixa de suxestións da biblioteca.
Por favor, respecte as normas.
GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN
| Horario da Biblioteca - Xuño 2025-2026 | |
|---|---|
| Xoves 11 de xuño | 11:30 - 12:30 |
| Venres 19 de xuño | 12:30 - 13:30 |
Nota: Durante o resto do mes de xuño a biblioteca permanecerá pechada salvo os días indicados.
| Horario da Biblioteca - Maio 2025-2026 | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | |
| Mañá | 18/05 10:30-11:30 | 19/05 11:30-13:30 | 20/05 11:30-12:30 13:00-14:00 | 21/05 11:00-12:00 | 22/05 11:30-13:30 |
| Tarde | 16:00-17:00 | 16:00-17:00 | 16:00-17:00 18:00-19:00 | 17:30-19:30 | 17:00-18:00 19:00-20:00 |
| Horario xeral da Biblioteca - Curso 2025-2026 | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | |
| Mañá | 10:30-11:30 | 11:00-12:00 | 10:30-11:30 12:00-13:00 | 11:30-12:30 | 11:30-13:30 |
| Tarde | 16:00-17:00 | 16:00-17:00 | 16:00-17:00 18:00-19:00 | 17:30-19:30 | 17:00-18:00 19:00-20:00 |
Ves un horario SEN garda que encaixa co teu horario persoal? Colabora coa nosa biblioteca facendo unha garda semanal. Contacta con eoi.vigo.vicedireccion@edu.xunta.gal ou eoi.vigo.biblioteca@edu.xunta.gal para saber máis sobre BIBLIOTECAS SOLIDARIAS.
Plan Anual de Lectura da EOI de Vigo
Todos os departamentos da EOI de Vigo incorporan a lectura como elemento fundamental no proceso de aprendizaxe das linguas, fomentando a inmersión cultural, o dominio da información e o desenvolvemento das competencias TIC e ALFIN.
Recoméndase ao alumnado integrar a lectura de forma regular na lingua que está a aprender.
Recursos adicionais
Podes consultar o fondo bibliográfico da biblioteca no seguinte enlace:
Para cada idioma atoparás recursos de autoaprendizaxe (lecturas, prensa, audiovisuais, etc.) na sección correspondente da páxina da EOI de Vigo.
Actividades de aproveitamento das lecturas
Lecturas Recomendadas
Departamento de Alemán
Nivel A1 / A2
- Ein Mann zu viel
- Schreck in der Abendstunde. Kurzkrimis zum Selberlösen – Edith Schmitz
- Die kleine Seejungfer
- Oh, Maria... Elvis in Köln
- Kommissar Karsten Kuhl – Zwei Kriminalgeschichten – Sylvia Blume
- Wahre und erfundene Geschichten – Wolfgang Halm
- Der Tote im See
- Lea? Nein danke!
Nivel A2 / B1.1
- Der Hundetraum und andere Verwirrungen – Leonhard Thoma
- Das Idealpaar – Leonhard Thoma
- Die Entscheidung – Max von der Grün
- Juli – Jutta Bauer y Kirsten Boie
Nivel B1.1
- Die Ilse ist weg – Christine Nöstlinger
- Das Missverständnis – Volker Borbein
- Jeder ist käuflich – Patrick Reich
- Das Haus an den Klippen – Mary Higgins Clark
Nivel B1.2
- Der Tag Davor. Erzählungen über die Zukunft – Edith Schmidt
- Die Bergwerke von Falun. Unheimliche Geschichten – Albert Schmidt
- Blöde Ziege, dumme Gans! – Isabel Abedi
- Deutsch Perfekt Magazine
Nivel B2
- Das Verbrechen – Ferdinand von Schirach
- Die Strafe – Ferdinand von Schirach
- Tabu – Ferdinand von Schirach
- Quality Land – Marc Uwe Kling
- Der Vorleser – Bernhard Schlink
- Deutsch Perfekt Magazine
Nivel C1
- Die Physiker – Friedrich Dürrenmatt
- Romulus der Große – Friedrich Dürrenmatt
- Känguru-Chroniken – Marc-Uwe Kling
- Die Schachnovelle – Stefan Zweig
- Deutsch Perfekt Magazine
En actualización
Lecturas Recomendadas
Departamento de Español para Extranjeros
Nivel A1
- Vacaciones al sol — Lourdes Miquel e Neus Sans (Editorial Difusión)
Nivel A2
- Perfiles pop — Colección de lecturas graduadas (Editorial Difusión)
Biografías de Messi, Shakira, Rafa Nadal, Juanes y outras figuras populares.
Nivel B1
- Ojos de agua — Domingo Villar (Ediciones Siruela)
- Manolito Gafotas — Elvira Lindo
- Croqueta y empanadilla — Ana Oncina (La Cúpula Ediciones)
Nivel B2
- Los girasoles ciegos — Alberto Méndez (Anagrama Editorial)
- En la ciudad líquida — Marta Rebón (Editorial Caballo de Troya)
- Fariña, la novela gráfica — Nacho Carretero y Luis Bustos (Ediciones B)
Nivel C1
- Las Inviernas — Cristina Sánchez Andrade (Anagrama Editorial)
- En la orilla — Rafael Chirbes (Anagrama Editorial)
- El arte de volar — Antonio Altarriba y Kim (Norma Cómics)
En actualización
Lecturas Recomendadas
Departamento de Galego
Nota: En todos os casos recoméndase a última edición.
O asterisco (*) indica que o libro non está en galego normativo.
Nivel Básico
- Alonso, Fran: Cartas de amor, Ed. Xerais de Galicia
- Fernández Paz, Agustín: Cartas de inverno, Ed. Xerais de Galicia
- Fernández Paz, Agustín: Corredores de sombra, Ed. Xerais de Galicia
- Rivas, Manuel: Un millón de vacas, Ed. Xerais de Galicia
- Sende, Sechu: Made in Galiza, Galaxia
- Villar, Domingo: Ollos de auga, Galaxia
- Non ficción: Callón, Carlos: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, Ed. Xerais
Nivel Intermedio
- DoCampo, Xavier P.: Cando petan na porta pola noite, Ed. Xerais
- London, Jack: A chamada da selva, Ed. Xerais
- Miranda, Xosé: Morning Star, Galaxia
- Rivas, Manuel: Que me queres, amor?, Galaxia
- Thompson, Jim: Os caloteiros, Rinoceronte Editora
- Villar, Domingo: A praia dos afogados, Galaxia
Nivel Avanzado
- Casares, Carlos: O sol do verán, Galaxia
- Moure, Teresa: Herba moura, Ed. Xerais
- Portas, Manuel: Denso recendo a salgado, Ed. Xerais
- Queipo, Xavier: O paso do Noroeste, Ed. Sotelo Blanco
- Rivas, Manuel: As voces baixas, Ed. Xerais
- Riveiro Coello, Antón: Casas baratas, Galaxia
- Non ficción: López Carreira, Anselmo: Historia de Galicia, Ed. Xerais
Nivel C
- Iglesias, Bieito: Miss Ourense, Galaxia
- Lorenzo, Fran P.: Cabalos e lobos, Ed. Xerais
- Méndez Ferrín, Xosé Luís: Arraianos, Ed. Xerais
- Neira Vilas, Xosé: Memorias dun neno labrego, Galaxia
- Nuñez Singala, Manuel: Camiños na auga, Galaxia
- Riveiro Coello, Antón: Laura no deserto, Galaxia
- Poesía: Castro, Rosalía: Cantares gallegos* (Edición de A. Angueira), Edicións Xerais
En actualización
En actualización
Lecturas Recomendadas
Departamento de Portugués
Niveis A2 - B1
- Machado de Assis: O alienista, Porto Editora
- Clara Pinto Correia: Adeus, princesa, Edições Almedina
- José Saramago: O conto da ilha desconhecida, Porto Editora
- José Saramago: A viagem do elefante, Porto Editora
Nivel B2
- Miguel Sousa Tavares: Equador, Clube do Autor
- Manuela Gonzaga: Doida não e não!
- Maria Adelaide Coelho da Cunha: —, Bertrand Editora
- Isabela Figueiredo: Caderno de memórias coloniais, Editorial Caminho
- Lília Momplé: Neighbours, Porto Editora
Niveis C1 - C2
- Yuval Noah Harari: Sapiens: história breve da humanidade, Ed. Elsinore [Non ficción]
- Carlos Ademar: Estranha forma de vida, Oficina do Livro
- João Guimarães Rosa: Correspondência com o seu tradutor italiano Edoardo Bizzarri, Editora UFMG / Editora Nova Fronteira
- Richard Zimler: Goa ou o guardião da aurora, Porto Editora
Lecturas Recomendadas
Departamento de Xaponés
Colección: Juppun de Yomeru (10分で読める)

Lecturas curtas e progresivas ideais para estudantes de xaponés
| Nivel da colección | Nivel recomendado na EOI |
|---|---|
| Nivel 1 | A1 e A2.1 |
| Nivel 2 | A2.1 e A2.2 |
| Nivel 3 | A2.2 e B1.1 |
| Nivel 4 | B1.1 e B1.2 |
| Nivel 5 | B1.2 |
| Nivel 6 | B1.3 e niveis superiores |
