Matrícula ordinaria
O proceso de matrícula para o curso 2025/2026 réxese pola Resolución do 27 de maio de 2025, excepto para os programas de That's English (That's English e ExamPrep), para os que é de aplicación outra normativa.
O proceso de matrícula para o curso 2025/2026 dos estudos de That's English (That's English e ExamPrep) réxese pola Instrución 7/2025.
O alumnado de novo acceso é aquel que quere formalizar a súa matrícula oficial na escola, posto que desexa asistir presencialmente aos cursos ordinarios que ofrece a EOI de Vigo.
Considérase alumnado de novo acceso toda persoa que se matricula na EOI e que NON estivo matriculada nunha Escola Oficial de Idiomas no curso inmediatamente anterior ou que, aínda estando matriculada, NON quere seguir cursando o mesmo idioma.
Así, o alumnado de novo acceso inclúe a todas aquelas persoas que comezan estudos na EOI sen estar matriculados o ano anterior, pero tamén ao alumnado que fixo cursos de actualización, que renunciou á matrícula ou que cambia de lingua.
Na EOI de Vigo ofrécense nove linguas en diferentes niveis. Contamos con cursos presenciais e semipresenciais, así como con cursos monográficos. Alén, en inglés temos o programa That's English e en galego os cursos CELGA e LAG, así como os cursos CALC/FOR para funcionarios públicos de educación.
Se queres saber máis sobre os cursos e niveis que ofrecemos visita o apartado de Oferta Educativa.
Se non tes ningún certificado ou titulación que acredite o teu nivel de lingua, terás que matricularte no nivel máis baixo que ofreza a lingua que queiras estudar. Consulta as lapelas Validación de títulos/certificados e Equivalencias Plans Estudos no apartado Formas de acceso para ver se podes acreditar algún nivel de lingua e comezar nun nivel superior.
En calquera caso, se te matriculas no nivel máis baixo pódese proceder a unha recolocación durante as dúas primeiras semanas do curso, sempre que o docente estime que o teu nivel é superior e que superes as probas pertinentes.
Se o prefires, podes optar por realizar unha proba de clasificación. Ofrecemos dúas convocatorias: unha en xuño e outra en setembro. Neste caso, terías que matricularte no nivel que indique a proba e non se podería optar a unha posterior recolocación de nivel nas dúas primeiras semanas de clase.
Lembra que non podes matricularte nun curso xa aprobado nin tampouco nun curso de nivel inferior a outro xa cursado en anos anteriores (a non ser que tivese renunciado á matrícula).
Para matricularte na escola como alumnado de novo acceso, tes que inscribirte en liña nos plazos establecidos. Consulta a lapela Matrícula novo acceso 2025/2026 para acceder a máis información e ás ligazóns de matrícula.
Lembra que se vas a empregar o teu pasaporte como método de identificación, terás que facer os trámites da matrícula presencialmente na escola.
Recorda que, alén de na Central, ofrecemos cursos nas nosas seccións de Cangas, Coia, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Tui. Non esquezas de consultar tamén a súa oferta educativa!
bbbb
vvvv
sdddfff
sdddfff
dfDFDF
DGETET
