- Inicio
- O centro
- Oferta educativa
- Idiomas
- Secretaría
- Biblioteca
- Galería
- Alumnado
- Calendario
-
EOI+
- Actividades culturais
- Cafetería
- Corolínguas
- Proxectos Europeos
- Radiolínguas
- Redes sociais
Renuncia de Matrícula
O alumnado oficial (presencial) poderá solicitar a renuncia de matrícula ata un mes antes do remate das actividades lectivas, é dicir, ata o 15 de abril nos cursos ordinarios.
Consecuencias da renuncia
- Implica a perda do dereito á realización dos exames.
- Constará no expediente académico e nas actas de avaliación.
- Non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel.
- Supón a perda da condición de alumno/a e o dereito a asistir ás clases durante o resto do curso.
- Non dá dereito á devolución de taxas.
- O alumnado que teña renunciado e desexe retomar os estudos en anos posteriores deberá realizar o proceso de preinscrición para que lle sexa adxudicada unha praza.
Como solicitar a renuncia
Debes encher o impreso de renuncia e presentalo na secretaría do centro ou enviálo por correo electrónico a:
eoi.vigo.administracion@edu.xunta.gal
Se desexas retomar os estudos en cursos posteriores, deberás realizar o proceso de preinscrición normal.
