- Inicio
- O centro
- Oferta educativa
- Idiomas
- Secretaría
- Biblioteca
- Galería
- Alumnado
- Calendario
-
EOI+
- Actividades culturais
- Cafetería
- Corolínguas
- Proxectos Europeos
- Radiolínguas
- Redes sociais
Traslados de Expediente e de Matrícula Viva
Traslado de Expediente
O alumnado que estivese matriculado en cursos anteriores noutra Escola Oficial de Idiomas de España e desexe continuar os seus estudos na EOI de Vigo deberá:
- Seguir o procedemento normal de preinscrición e matrícula.
- Achegar unha certificación académica da EOI de orixe no momento de formalizar a matrícula.
Lembre aboar as taxas de traslado de expediente na EOI de procedencia, se é o caso.
Traslado de Matrícula Viva (durante o curso)
- O traslado de matrícula viva pode realizarse entre o 15 de outubro e o 30 de abril.
- Debe consultar na secretaría se existen prazas vacantes no idioma e nivel desexado.
- Debe achegar unha certificación académica da EOI de orixe.
- Se procede dunha EOI de Galicia: achegar xustificante de pagamento de taxas.
- Se procede dunha EOI de fóra de Galicia: deberá aboar a totalidade das taxas de matrícula.
- Algunhas comunidades autónomas cobran taxas polos traslados (Asturias, Comunidade Valenciana, Cantabria...).
