- Inicio
- O centro
- Oferta educativa
- Idiomas
- Secretaría
- Biblioteca
- Galería
- Alumnado
- Calendario
-
EOI+
- Actividades culturais
- Cafetería
- Corolínguas
- Proxectos Europeos
- Radiolínguas
- Redes sociais
Adaptacións de probas e necesidades específicas
a) Solicitude de adaptación de probas
- No momento da matrícula, o alumnado deberá cubrir unha folla de solicitude de adaptación de probas de avaliación e entregala na administración do centro, xunto co correspondente certificado de discapacidade.
- Non se recollerán solicitudes de adaptación despois do 10 de outubro.
b) Recomendación ao alumnado
- Recoméndase informar o antes posible ao profesorado das súas necesidades reais de adaptación para facilitar o seguimento da actividade docente dende o inicio do curso.
c) Alumnado sen certificado de discapacidade
- Aquel alumnado que non posúa certificado de discapacidade pero presente algunha deficiencia visual ou auditiva poderá solicitar unha adaptación de acceso á xefatura de estudos.
- Estas adaptacións limítanse ao uso de cascos ou ampliación do tamaño da letra.
- Deberá encher o impreso correspondente (dispoñible en secretaría) e achegar un certificado médico.
- Data límite: 7 de novembro.
