Nós
Dende Vigo, aberta ó mundo

Aberta a todo o mundo.
Somos unha institución pública de Vigo dedicada ao ensino de idiomas para mozos e adultos, creada en 1988 e dependente da Xunta de Galicia.
Contamos con sete sedes (Central, Coia, Cangas, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Tui) que traballan de forma coordinada en todo o territorio.
Ofrecemos un ensino público con titulación oficial, cunha ampla oferta formativa e horaria.
Garantimos un ensino accesible e de calidade, que promove a diversidade, a inclusión e a aprendizaxe continua en todas as etapas da vida.
Impulsamos unha aprendizaxe práctica e actual, baseada na innovación metodolóxica e na participación activa do alumnado.
Participamos en proxectos europeos que amplían a nosa proxección internacional e en actividades culturais que fomentan a creatividade e o intercambio cultural.
Contribuímos ao progreso educativo e cultural de Vigo e da súa contorna, dende o compromiso coa comunidade e co territorio.
Unha escola viva e aberta, conectada co mundo.
Unha escola que inspira a aprender, comunicar e compartir desde o local.
Unha escola que impulsa o progreso educativo e cultural.
Unha escola que fomenta a diversidade e fortalece a comunidade.
Unha escola... dende Vigo, aberta ao mundo.
Aberta a todo o mundo.
Comunicación aberta
A linguaxe como ferramenta para comprender, conectar e transformar.
Innovación constante
Unha aprendizaxe viva, con metodoloxías que dialogan co presente e coa súa contorna.
Vocación pública
Un ensino accesible como espazo de igualdade e progreso colectivo, cun impacto positivo na comunidade.
Garantía institucional
Un ensino oficial, avalado pola calidade e o rigor dunha institución pública.
Apertura
Conecta persoas, linguas e culturas.
Flexibilidade
Reflexo dunha escola viva e en constante evolución.
Proximidade e compromiso
Coas persoas, coa educación e coa comunidade.
Claridade e rigor
Como base da súa identidade institucional: seria, coherente e transparente.
