A matrícula na modalidade libre está dirixida ás persoas que, sen asistir ás clases presenciais, soamente desexen presentarse ás probas de certificación nunha convocatoria única para certificar o seu nivel nas linguas que se ofrecen nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.
Na EOI de Vigo, o alumnado poderá matricularse na modalidade libre nas probas dos seguintes idiomas e niveis:
Alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués: básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1.
Chinés: básico A2 e intermedio B1.
Xaponés: básico A2, intermedio B1 e intermedio B2.
Os niveis A1 e C2 só se poden cursar como alumnado ordinario, NON se poden certificar por libre.
A matrícula libre en galego e inglés B2 e C1 desenvólvese en tres fases: preinscripción (onde se escollen as escolas nas que se quere facer a proba); sorteo das prazas; e formalización da matrícula no prazo establecido.
Nas demais linguas e niveis que se ofrecen para as probas libres a matrícula é directa. Non hai preinscrición nin sorteo.
A diferenza da matrícula ordinaria, onde se inclúen dúas convocatorias, a modalidade libre só inclúe unha única convocatoria. Polo tanto, non hai convocatoria extraordinaria ("exames de recuperación") na matrícula libre.
As probas libres costuman coincidir coa convocatoria ordinaria do alumnado ordinario da escola. Xeralmente abranguen desde mediados de maio a principios de xuño. Para acceder as datas dos exames, consulta a lapela Probas Libres 2025-2026.
Na EOI de Vigo, ofrecemos probas na modalidade libre nas seguintes localizacións:
NON se ofrecen probas libres na sección de Coia. Este alumnado realizará as probas na Sede Central.
Con carácter xeral, as probas libres celébranse de xeito simultáneo ás da convocatoria ordinaria do alumnado ordinario. Este período costuma abranguer desde mediados de maio ata principios de xuño.
As probas libres teñen lugar en dous días diferentes. Nun día fanse as probas escritas (comprensión de textos escritos, comprensión de textos orais, produción e coprodución de textos escritos e mediación escrita) e noutro día distinto fanse as probas orais (produción e coprodución de textos orais e mediación oral).
Ambas datas poden estar próximas ou afastadas entre si e unha proba podería ser en horario de mañá e outra en horario de tarde.
As datas e horas das probas orais serán fixadas por cada EOI. Estas poderán realizarse antes ou despois das probas escritas. Cada EOI deberá publicar as datas, cando menos, con 3 días de antelación con respecto á realización da proba.
Se te presentas a varios niveis á vez, ten en conta que as datas dos niveis A2 e B1 poden coincidir coas datas fixadas para os niveis B2 e C1.
No caso de coincidir exames orais de varios idiomas, non será posible realizar modificacións de datas de exames. Lembra que, nas probas libres, NON é posible solicitar a devolución de taxas.
Podes consultar as datas dos exames na lapela Matrícula libre 2025/2026.
Como norma xeral, ao inicio da probas as persoas examinadoras preguntarán se alguén precisa xustificante de asistencia. Para iso, recollerán o teu DNI/NIE e encherán un documento cos teus datos que deberás selar en Conserxería unha vez que remates os teus exames e abandones o centro.
Lembra que as probas das Escolas Oficiais de Idiomas teñen carácter oficial e, polo tanto, xustifican a túa ausencia ao teu posto de traballo ou centro de estudos para a súa realización. Consulta co teu empleador ou centro educativo o tempo ao que tes dereito, xa que costuma variar dependendo da situación.
Este carácter público e oficial dos exames tamén fai que NON sexa posible cambiar as datas das probas, especialmente no caso da parte escrita, xa que, en moitos casos, trátase de probas unificadas. Parte oral?
Se tes dereito a que se te recoñeza unha adaptación de probas, emprega o seguinte formulario para solicitala na Secretaría do centro.
O importe das probas libres dependerá do número de idiomas e niveis aos que te queiras presentar, así como de se es alumnado novo ou antigo. Tamén de se tes dereito a algún tipo de exención.
A modo informativo, unha persoa que se presente a un idioma e que non estivese matriculada previamente en ningunha EOI de Galiza pagará 22€ da apertura de expediente académico máis 68€ polo exame. No caso de alumnado que estivese matriculado previamente, só pagará 46€ polo exame.
Para máis información sobre os prezos, exencións e procedementos de pago, consulta a lapela de Matrícula Libre no apartado Taxas.
Lembra que se xa estiveches matriculado/a nunha escola oficial de idiomas en cursos anteriores e agora desexas inscribirte polo réxime libre noutra escola diferente, deberás indicar esta circunstancia coa túa solicitude de matrícula para que a escola onde te matriculas como alumno/a libre solicite o traslado do teu expediente á escola de orixe.
Do mesmo xeito, se es alumno oficial e queres examinarte dun idioma ou nivel distinto na túa escola, tamén deberás indicar esta situación na túa matrícula.
Alén, ten en conta que:
NON podes facer as probas libres se, a 31 de decembro do ano que te inscribas, aínda non cumpriches 16 anos (para a lingua que cursas como primeira lingua estranxeira na ESO) ou 14 anos (para un idioma diferente ao que cursas como primeira lingua estranxeira na ESO).
NON é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un de nivel superior; podes presentarte ao nivel ou niveis que queiras.
NON hai límite de convocatorias en modalidade libre; é posible matricularse cantas veces se queira.
NON se certifican horas de formación na modalidade libre.
NON é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa obtido nun plan de estudos antigo de Escolas Oficiais de Idiomas.
NON se pode estar matriculado no mesmo idioma e nivel no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente en ninguha escola oficial de idiomas de España.
NON se devolven as taxas; comproba se podes vir aos exames antes de matricularte, xa que se finalmente non podes vir, non poderás recuperar o importe aboado.
NON é posible fraccionar o pagamento.
No nivel A2 avalíanse 4 destrezas: comprensión de textos escritos (CTE); produción, coprodución e mediación de textos escritos (PCMTE); comprensión de textos orais (CTO) e produción, coprodución e mediación de textos orais (PCMTO). Neste nivel, a mediación está integrada coas destrezas de expresión escrita e expresión oral.
No caso de A2, o exame consta de 4 partes diferenciadas, unha para cada destreza. Cada destreza ten unha nota máxima de 25 puntos, polo que a nota máxima total do exame sería de 100 puntos.
De maneira xeral, en A2 as probas realízanse na seguinte orde. No día das probas escritas: CTE, PCMTE e CTO. No día das probas orais: produción oral (monólogo) e mediación oral xunto con coprodución oral (diálogo).
Nos niveis B1, B2, C1 e C2 avalíanse 5 destrezas: comprensión de textos escritos (CTE); produción e coprodución de textos escritos (PCTE); comprensión de textos orais (CTO); produción e coprodución de textos orais (PCTO) e mediación oral e escrita (MOE). Neste nivel a mediación escrita e oral faise conxuntamente coa PCTE e a PCTO, respectivamente, pero é unha destreza independente.
No caso de B1, B2, C1 e C2 o exame consta de 4 partes diferenciadas, xa que a mediación escrita e oral inclúese nas probas de PCTE e PCTO. Porén, lembra que aínda que a mediación oral e escrita se fagan de maneira separada constitúen unha única destreza, polo que hai que aprobar ambas partes para superar a destreza de mediación. Nestes niveis, cada destreza ten unha nota máxima de 25 puntos, polo que a nota máxima total do exame sería de 125 puntos.
De maneira xeral, en B2 e C1 as probas realízanse na seguinte orde. No día das probas escritas: CTE, PCTE xunto con ME e CTO. No día das probas orais: mediación oral xunto con produción oral (monólogo) e coprodución oral (diálogo). B1 segue a mesma distribución para as probas escritas, pero cunha pequena modificaicón na proba oral: faise primeiro a produción oral (monólogo) e despois a mediación oral xunto coa coprodución (diálogo).
Na páxina web da Consellería, podes acceder ás guías informativas, onde atoparás información detallada dos exames de cada un dos niveis (tipo de probas, duración, etc.). As guías son as mesmas para todos os idiomas.
A duración das probas depende do nivel ao que te vaias presentar. Consulta as guías informativas, onde atoparás información detallada dos exames de cada un dos niveis (tipo de probas, duración, etc.). As guías son as mesmas para todos os idiomas.
A modo de referencia, a duración das probas de A2 divídense en: comprensión de texto escrito (50 minutos); produción, coprodución y mediación de texto escrito (50 minutos); comprensión de texto oral (3 minutos de lectura previa máis 30 minutos de exame); e produción, coprodución e mediación de texto oral (15 minutos por parella).
En canto ao C1, distribúense do seguinte modo: comprensión de texto escrito (60 minutos); produción e coprodución de texto escrito (80 minutos) e mediación escrita (20 minutos); comprensión de texto oral (3 minutos de lectura previa máis 40 minutos de exame); e produción e coprodución de texto oral e mediación oral (25 minutos por parella).
Lembra que tal e como se indica no apartado “Cando se celebran as probas libres?” da lapela Información Xeral, as probas escritas e as orais realízanse en dous días diferentes, podendo estar estas datas próximas ou afastadas entre si, ser a proba oral anterior ou posterior á escrita ou ser en horarios diferentes (mañá e tarde).
Na páxina web da Consellería pódese acceder a un modelo completo de proba por idioma e por nivel. Estes modelos son os únicos dispoñibles en Galicia. Poderás atopar modelos doutras comunidades autónomas, pero non van coincidir ao 100% coas nosas probas.
Se descargas as probas, ten en conta que a partir do curso 2020/2021, a extensión para as respostas da mediación escrita é a seguinte: nivel intermedio B1 e B2: 60-80 palabras e nivel avanzado C1 e C2: 80-100 palabras.
Na páxina web da Consellería, tamén podes acceder ás guías informativas, onde atoparás información detallada dos exames de cada un dos niveis. As guías son as mesmas para todos os idiomas.
Para consultar a túa cualificación, tes que entrar en CentrosNet. Sigue as instrucións que atoparás no subapartado “Como podo entrar en CentrosNet” para acceder e comprobar a túa nota.
A túa cualificación calcúlase de acordo coas seguintes táboas de avaliación:
- Instrumentos de avaliación do nivel A2
- Instrumentos de avaliación do nivel B1
- Instrumentos de avaliación do nivel B2
- Instrumentos de avaliación do nivel C1
Lembra que é preciso acadar unha nota mínima en cada parte, así como unha nota global concreta, para superar as probas. Deste xeito:
No nivel A2, necesitas obter, como mínimo, 15 puntos en cada unha das 4 desrezas e, ao mesmo tempo, acadar unha nota global de 60 puntos.
Nos niveis B1, B2 e C1, precisas obter, como mínimo, 12,5 puntos en cada una das 5 destrezas e, ao mesmo tempo, acadar unha nota global de 81,25 puntos.
Recorda que deben darse ámbalas condicións (nota mínima en cada destreza e nota global) para superar as probas. En caso contrario, NON se obterá a certificación.
Nesta guía de resultados de avaliación podes consultar esta información máis polo miúdo e as diferentes casuísticas que poden darse. Este documento elaborouse para o alumnado ordinario, polo que as mencións á convocatoria extraordinaria (recuperación e subida de nota) e a referencia ao nivel C2 NON son de aplicación para o alumnado libre.
Unha vez que se publiquen os resultados en Centros Net, marcarase unha data para vir a revisión á escola. Nesa revisión, a persoa examinadora mostrará o teu exame, indicará os erros atopados e explicará o porqué da túa cualificación.
Esta revisión está marcada na mesma data para todas as persoas que avaliou esa persoa examinadora, polo que NON se trata dunha revisión individual. Durante este proceso de revisión NON se realizarán modificacións das cualificacións, a menos que se detecte un erro evidente.
Se aínda así non estás de acordo coa túa nota, podes presentar presencialmente unha reclamación ante a dirección da escola no prazo de tres días hábiles desde a publicación dos resultados.
A reclamación debe basearse en:
Desaxuste entre a proba e os obxectivos, contidos ou criterios de avaliación oficiais.
Erros na aplicación dos procedementos, instrumentos ou criterios de cualificación.
A dirección resolverá a reclamación nos dous días hábiles seguintes, tras solicitar un informe ao departamento correspondente. O alumnado será informado por escrito da decisión adoptada.
O procedemento de matrícula nas probas libres para o curso 2025/2026 regúlase pola Instrución 01/2026.
O alumnado oficial, CALC, CALG, CUALE e That's English ten dereito a 2 convocatorias mentres o alumnado libre só ten dereito a unha única convocatoria de exame.
Para os menores de 16, o idioma que se vai certificar ten que ser diferente da súa primeira lingua estranxeira na ESO. Estes candidatos deben achegar este certificado cuberto polo seu IES.
Para máis información, consulta as lapelas Información xeral, Consideracións importantes e Información das probas deste apartado.
Para o pagamento de taxas, consulta a lapela Matrícula Libre do apartado Taxas.
Para máis información sobre as datas dos exames e o calendario de probas na modalidade libre, consulta os apartados Datas das probas escritas, Datas das probas orais e Datas das revisións ao final desta páxina.
Data de publicación de notas: Pendente de publicación
Os prazos para a convocatoria deste ano son os seguintes:
Matrícula libre outros idiomas: 23 febreiro-6 marzo
Preinscrición B2 e C1 galego e inglés: 23 febreiro-6 marzo
Sorteo B2 e C1 galego e inglés: 11 de marzo
Matrícula B2 e C1 galego e inglés: 12-20 de marzo
Publicación de notas: Pendente de publicación
A continuación especifícase a documentación xeral que hai que entregar, se ben pode ser necesario algún documento adicional depedendo do tipo de matrícula:
Xustificante de pago da taxa pública (consulta a lapela Matrícula Libre do apartado Taxas).
Copia do DNI/NIE/pasaporte. Se NON se emprega un DNI/NIE para a identificación, haberá que facer o trámite presencialmente na EOI.
Se es menor de 16 anos, certificado expedido polo teu centro educativo indicando a túa primeira lingua estranxeira.
Documentos acreditativos de exención ou bonificación de taxas, se procede.
Solicitude de adaptación de probas, se procede.
Outros idiomas
- Prazo de matrícula: 23 febreiro-6 marzo
- Ligazón de matrícula: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
- Documentación necesaria:
- Xustificante de pago da taxa pública (consulta a lapela Matrícula Libre do apartado Taxas).
- Copia do DNI/NIE/pasaporte. Se NON se emprega un DNI/NIE para a identificación, haberá que facer o trámite presencialmente na EOI.
- Se es menor de 16 anos, un certificado do teu centro educativo indicando a túa primeira lingua estranxeira.
- Documentos acreditativos de exención ou bonificación de taxas, se procede.
B2 e C1 Galego e Inglés
- Prazo de preinscrición: 23 febreiro-6 marzo
- Data do sorteo: 11 de marzo
- Prazo de matrícula: 12-20 de marzo
- Ligazón de preinscrición e matrícula: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
- Documentación necesaria:
- Xustificante de pago da taxa pública (consulta a lapela Matrícula Libre do apartado Taxas).
- Copia do DNI/NIE/pasaporte. Se NON se emprega un DNI/NIE para a identificación, haberá que facer o trámite presencialmente na EOI.
- Se es menor de 16 anos, un certificado do teu centro educativo indicando a túa primeira lingua estranxeira.
- Documentos acreditativos de exención ou bonificación de taxas, se procede.
Para as probas de B2 e C1 de inglés e galego a adxudicación de prazas farase por sorteo público debido á alta demanda. Durante o prazo de preinscrición, deberás preinscribirte e escoller, como mínimo, tres centros por orde de preferencia. No momento de cubrir o formulario de inscrición, o sistema asignará un número a cada solicitante.
O 11 de marzo ás 12:00 h farase un sorteo público para determinar a orde de asignación das prazas. O 12 de marzo poderás consultar en que escola fuches admitido. Entre o 12 e o 20 de marzo ás 23:59 deberás formalizar a matrícula.
Deberase achegar a documentación necesaria indicada anteriormente.
- Prazo de matrícula: 23 febreiro-6 marzo
- Ligazón de matrícula: https://www.informaticacentros.com/xuntathats/
- Taxas: estás exento/a do pago da matrícula.
Se estás matriculado/a nos módulos A2.4, B1.2 e B2.4 e queres realizar a proba de certificación en vez do exame do módulo de That's English, terás que matricularte tamén neste período.
O alumnado que non se inscriba, non poderá realizar as probas de certificación, pero si que poderá facer a proba final de módulo de That's English.
O alumnado matriculado no módulo C1.2 non terá que realizar ningunha solicitude para concorrer ás probas de certificación.
- Prazo de matrícula: 23 febreiro-6 marzo
- Ligazón de matrícula: https://www.informaticacentros.com/xunta
- Taxas: estás exento/a do pago da matrícula.
Se cursaches ExamPrep B2 ou C1, terás que superar a proba correspondente para obter a certificación.
- Prazo de matrícula: 23 febreiro-6 marzo
- Ligazón de matrícula: https://www.informaticacentros.com/xunta/
- Taxas: estás exento/a do pago da matrícula. Alumnado CALC/CALG: estará exento se é a primeira vez que intenta esa lingua e nivel, pero se é a súa primeira vez nunha EOI, terá que pagar a apertura de expediente. Alumnado CUALE: estará exento das taxas e da apertura de expediente.
- Documentación necesaria:
- Xustificante de pago da taxa pública (consulta a lapela Matrícula Libre do apartado Taxas), se procede.
- Copia do DNI/NIE/pasaporte. Se NON se emprega un DNI/NIE para a identificación, haberá que facer o trámite presencialmente na EOI.
- Alumnado CALC e CALG: documento expedido polo CFR que acredite que se cumpre o requisito de asistencia. Data límite de presentación: 14 de maio.
Se estudaches un curso CALC (Actualización lingüística e comunicativa), CALG (Actualización de lingua galega) ou CUALE (formación complementaria en linguas estranxeiras) e queres certificar o nivel cursado terás que matricularte tamén neste período.
O alumnado CALC e CALG terá que matricularse no centro onde estea a realizar o curso, excepto que se trate do centro onde o docente imparte docencia noutro idioma. Nese caso, terá que matricularse noutro centro.
O alumnado libre examínase nesta única convocatoria. Poderá examinarse na sede central ou nas seccións, segundo a súa oferta educativa. As datas das probas escritas son as mesmas para todos os centros.
Probas Escritas Convocatoria Libre | |||||
| Semana | Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres |
| 11-15 maio | Español A2 (10.00) | Español B1 (10.00) | Alemán B1 (16.00) | Galego C1 (10.00) Portugués A2 (16.00) | |
| 18-22 maio | Xaponés B1 (10.00) | Xaponés A2/B2 (10.00) Francés B1/ C1 (16.00) | Italiano A2/ B2 (10.00) Inglés B1/C1 (16.00) | Galego A2/ B2 (10.00) Francés A2/ B2 (16.00) | Alemán A2/ C1 (16.00) |
| 25-29 maio | Galego B1 (10.00) | Español B2 (10.00) Portugués B2 (16.00) | Alemán B2 (10.00) Inglés A2/ B2 (16:00) | Español C1 (10.00) Italiano B1/ C1 (16.00) | Portugués C1 (16.00) |
| 1-5 xuño | Chinés A2 (10.00) Portugués B1 (16.00) | ||||
| 8-12 xuño | |||||
A información detallada das convocatorias estará publicada o 29 de abril como data límite.
Central
Cangas
Nigrán
Ponteareas
Redondela
Tui
Central
Cangas
Nigrán
Ponteareas
Redondela
Tui
