As probas de clasificación están pensadas para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais das Escolas Oficiais de Idiomas e que xa ten coñecementos previos, pero non ten nin unha titulación nin un certificado para solicitar a validación e acceder a un nivel superior ao A1/A2. Polo tanto, son probas que diagnostican o teu nivel e dominio do idioma e que che dan acceso a un curso determinado de acordo co nivel que se che asigne na dita proba.
Todas as probas de clasificación teñen lugar na Sede Central da EOI de Vigo.
Normalmente ofértanse 2 probas de clasificación para todas as linguas durante a época da matrícula. Así, costuma haber unha convocatoria en xuño e outra en setembro. En Español para estranxeiros temos 4 probas de clasificación ao longo do ano que permiten a matrícula posterior.
A estrutura da proba poderá variar segundo o idioma escollido, pero, polo xeral, avalían tanto as destrezas escritas coma as orais.
En inglés, por exemplo, primeiro faise unha proba escrita xunto coas outras persoas candidatas durante unha hora. Despois, chámase a cada candidato individualmente para facer unha proba oral de 5/10 minutos con dous docentes do departamento.
A taxa da proba de clasificación é de 17 € por cada idioma.
Exceptúanse:
Familia numerosa categoría xeral: 8,5 €
Familia numerosa categoría especial: 0 €
Persoas con discapacidade igual ou superior a 33%: 0 €
Persoal funcionario docente: 0 €
Lembra que a documentación para formalizar a matrícula nas probas de clasificación debe presentarse impresa presencialmente na Secretaría da Sede Central da EOI de Vigo durante o horario de atención ao público e dentro do prazo establecido (con carácter xeral, un mínimo de 2 días antes da data da proba).
Para formalizar a matrícula na proba de clasificación deberás seguir estes pasos:
Descargar o formulario de matrícula (un por cada idioma), enchelo e asinalo.
Aboar a taxa correspondente (17€ por idioma) ben en liña ben nunha entidade bancaria seguindo o procedemento detallado no apartado Taxas.
Presentar presencialmente na Secretaría da Sede Central, no horario de atención ao público e dentro do prazo establecido (normalmente, 2 días antes da proba), os seguintes documentos:
Formulario de matrícula cuberto e asinado.
Modelo de pagamento das taxas cuberto e asinado.
Copia do DNI/NIE.
No que respecta ás probas de clasificación, ten en conta que:
NON certifican un nivel de lingua, soamente fixan un nivel de acceso para estudar na modalidade oficial das Escolas Oficiais de Idiomas.
NON outorgan automaticamente unha praza. Unha vez que teñas o resultado, debes seguir o procedemento establecido de preinscrición, adxudicación e matrícula.
NON podes facer a proba de clasificación nun idioma se estiveches matriculado/a na modalidade oficial do dito idioma nos DOUS ÚLTIMOS CURSOS.
NON poderás matricularte nun nivel nin superior nin inferior ao que indique o resultado da proba, só poderás acceder ao nivel especificamente asignado.
NON é posible facer unha recolocación de nivel posteriormente, incluso se o nivel asignado non se corresponde co grao de coñecementos do alumno.
NON terá efecto o resultado da proba se esta dá acceso a un nivel xa superado con anterioridade.
NON podes facer a proba se, a 31 de decembro do ano que te inscribas, aínda non cumpriches 16 anos (para a lingua que cursas como primeira lingua estranxeira na ESO) ou 14 anos (para un idioma diferente ao que cursas como primeira lingua estranxeira na ESO).
NON se tramitan matrículas nin se realizan probas de clasificación nas seccións; unicamente na sede central da EOI de Vigo.
NON todas as probas son iguais, a súa estrutura pode variar dependendo do idioma.
NON serán válidos os resultados das proba de clasificación unha vez que transcorran dous cursos académicos dende a súa obtención.
NON podes presentarte á proba se o teu DNI/NIE non está en vigor.
Consulta a información da proba de clasificación a continuación:
| Data | Hora | Aula |
Consulta os resultados da proba de clasificación a continuación:
- Xuño 2026

As titulacións e certificados que dan acceso a niveis superiores ao básico A1 recóllense en dous documentos:
- Galego, español para estranxeiros e SLP (Standardized Language Profile): Resolución do 6 de maio de 2025.
- Outros idiomas, certificados e titulacións: Orde de 21 de xuño de 2016.
A continuación, podes consultar as titulacións e certificados correspondentes:
- Galego, español para estranxeiros e SLP:
- As titulacións e certificados recóllense no Anexo I da dita Resolución. Neste caso, indícase o nivel ao que se accede.
- As titulacións e certificados recóllense no Anexo I da dita Resolución. Neste caso, indícase o nivel ao que se accede.
A continuación, podes consultar as titulacións e certificados correspondentes:
- Outros idiomas, certificados e titulacións:
- As titulacións e certificados recóllense no Anexo da dita Orde. Neste caso, accederase ao primeiro curso do nivel inmediatamente superior ao acreditado.
- Título de bacharelato: accederás ao primeiro curso do nivel intermedio B1 do idioma cursado como primeira lingua estranxeira no bacharelato.
- Título da ESO: accederás ao nivel básico A2 do idioma cursado como primeira lingua estranxeira na ESO.
Se cursaches os teus estudos entre os anos 2006 e 2018, a equivalencia réxese polo Real Decreto 1041/2017.
A continuación, podes ver as equivalencias entre este plan de estudos e o actual:
| Idioma no que estou matriculado | Ensinanzas reguladas polo RD 1629/2006, do 29 de decembro | Se aprobrei, cursarei | Se suspendín, cursarei |
| Alemán | 1.º básico | A2 | A1 |
| 2.º básico | B1.1 | A2 | |
| 1.º intermedio | B1.2 | B1.1 | |
| 2.º intermedio | B2 | B1.2 | |
| 1.º avanzado | C1.1 | B2 | |
| 2.º avanzado | C1.2 | C1.1 | |
Francés Inglés Italiano Portugués | 1.º básico | A2 | A1 ou A2 intensivo |
| 2.º básico / Básico integrado | B1 | A2 | |
| 1.º intermedio | B2.1 | B1 | |
| 2.º intermedio / Intermedio integrado | B2.2 | B2.1 | |
| 1.º avanzado | C1.1 | B2.2 | |
| 2.º avanzado | C1.2 | C1.1 | |
| C1 | C2 | C1.2 | |
Chinés Xaponés | 1.º básico | A2.1 | A1 |
| 2.º básico | A2.2 | A2.1 | |
| 3.º básico | B1.1 | A2.2 | |
| 1.º intermedio | B1.2 | B1.1 | |
| 2.º intermedio | B1.3 | B1.2 | |
| 3.º intermedio | B2.1 | B1.3 | |
| 1.º avanzado | B2.2 | B2.1 | |
| 2.º avanzado | -- | B2.2 | |
Español Galego | 1.º básico Básico Integrado | B1 | A2 |
| Intermedio Integrado | B2 | B1 | |
1.º avanzado 2.º Avanzado Avanzado Integrado | C1 | B2 | |
| C1 | C2 | C1 |
Se cursaches os teus estudos entre os anos 1988 e 2006, a equivalencia réxese polo Real Decreto 1041/2017.
A continuación, podes ver as equivalencias entre este plan de estudos e o actual:
| Idioma no que estou matriculado | Ensinanzas reguladas polo RD 967/1988, do 2 de setembro | Se aprobrei, cursarei | Se suspendín, cursarei |
| Alemán | 1.º curso do ciclo elemental | A2 | A1 ou A1-A2 |
| 2.º curso do ciclo elemental | B1.1 | A2 | |
| 3.º curso do ciclo elemental | B2 | B1.2 | |
| 1.º curso do ciclo superior (4.º) | C1.1 | B2 | |
| 2.º curso do ciclo superior (5.º) | C1.2 | C1.1 | |
Francés Inglés Italiano | 1.º curso do ciclo elemental | A2 | A1 ou A1-A2 |
| 2.º curso do ciclo elemental | B1 | A2 ou A1-A2 | |
| 3.º curso do ciclo elemental | B2.2 | B1 | |
| 1.º curso do ciclo superior (4.º) | C1.1 | B2.2 | |
| 2.º curso do ciclo superior (5.º) | C1.2 | C1.1 | |
Español Galego Portugués | 1.º curso do ciclo elemental | A2 | A2 |
| 2.º curso do ciclo elemental | B1 | A2 | |
| 3.º curso do ciclo elemental | B2 | B1 | |
| 1.º curso do ciclo superior (4.º) | C1 | B2 | |
| 2.º curso do ciclo superior (5.º) | C1 | C1 |