Segundo o publicado na Resolución do 21 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2026/27, establécense as seguintes datas de matrícula:
O alumnado oficial de novo acceso, que realizou a preinscrición entre o 15 de xuño e o 6 de xullo poderá consultar se obtivo praza a partir do 9 de xullo na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta.
As persoas que obteñan praza terán que formalizar a matrícula do 9 ao 20 de xullo, na mesma ligazón. A información sobre o pago de taxas pode consultarse aquí.
O alumnado preinscrito que non obteña praza o 9 de xullo poderá matricularse nas prazas que queden sen cubrir o 30 e 31 de xullo.
O alumnado oficial de novo acceso que non fixo a preinscrición, así como outro alumnado que non se matriculou dentro do seu prazo, poderá matricularse nas vacantes que queden a partir do 3 de agosto e ata o 18 de setembro.
Cursos de destrezas sen exame: matrícula directa do 8 de xuño ata esgotar prazas, seguindo as instrucións que se atopan aquí.
Podes consultar a oferta horaria do curso 2026/27 de todos os idiomas aquí.