Estes iDevices están enfocados á creación de actividades de xogo interactivo e ofrecen posibilidades tales como: presentar as actividades despois de escribir códigos de acceso, xerar novos códigos a partir dunha puntuación etc. Estes xogos poden favorecer a motivación do alumnado e o dinamismo da aprendizaxe, sendo moi valorado polo profesorado.
|
IMPORTANTE Se queremos utilizar o material en Moodle e gardar as cualificacións obtidas nestes iDevices, debemos ter en conta o seguinte:
|
Os xogos dispoñibles son:
- Adiviña: completar un termo dada a súa definición.
- Cadeado: permite crear actividades na que a retroalimentación está protexida por contrasinal.
- Clasifica: con el podemos crear xogos onde as xogadoras ou os xogadores terán que clasificar tarxetas con imaxes, textos e/o sons en distingas categorías creadas previamente.
- Completa: permite crear actividades nas que o alumnado deberá completar os ocos dun texto escribindo, seleccionando ou arrastrando as respostas.
- Desafío: permite crear xogos tipo escape room. Neles, as xogadoras ou os xogadores deberán dirimir diferentes retos antes de resolver o desafío final.
- Descobre: permite crear xogos nos que as xogadoras ou os xogadores terán que descubrir parellas, tríos ou cuartetos de tarxetas con imaxes, textos e/o sons.
- Identifica: co este xogo podemos crear actividades nas que, con axuda dun número variable de pistas, a xogadora ou o xogador deberá descubrir un personaxe, un obxecto ou a solución dun problema.
- Mapa: utilizarmos este iDevice para xerar mapas de imaxes con zonas interactivas.
- Operacións matemáticas: permite crear actividades con operacións matemáticas básicas (suma, resta, multiplicación e/o división) aleatorias nas que o alumnado terá que pescudar o resultado, o operador ou un dos operandos.
- Ordena: posibilita a creación de xogos nos que as xogadoras ou os xogadores terán que ordenar, frases ou tarxetas con imaxes, textos e/o sons.
- Problemas matemáticos: permite crear problemas matemáticos básicos aleatorios.
- QuExt: xogo de preguntas rápidas con varias respostas.
- Relaciona: permite crear xogos de relacionar conceptos uníndoos con frechas. Poden usarse imaxes, sons e textos enriquecidos.
- Rosco: xogo de palabras (da Á a Z).
- Selecciona: usarémolo para crear xogos baseados en cuestións tipo test de resposta múltiple con ningunha, unha ou varias opcións correctas e en cuestións de tipo ordena, nas que a xogadora ou o xogador deberá organizar as diferentes opcións segundo a orde indicada na pregunta.
- Selecciona (multimedia): permite crear actividades interactivas nas que as xogadoras ou os xogadores terán que seleccionar as tarxetas multimedia correctas.
- Sopa de letras: permite crear actividades tipo sopa de letras nas que poderá utilizar texto, imaxes e sons.
- Tarxetas de memoria: permite crear actividades con tarxetas de memoria con imaxes, sons e/o texto enriquecido.
- Triviext: versión do clásico xogo "Trivial".
- VídeoQuExt: xogo de preguntas rápidas con varias respostas sobre un vídeo.
A continuación imos analizar un deles (iDevice Adiviña) para ver como se crea. No resto dos xogos as opcións son moi similares.
![]()
- Como deseñar os xogos: neste apartado do manual temos as instrucións para crear cada un deles, acompañadas de vídeos e exemplos.







