Saltar navegación

Actividades interactivas

As actividades interactivas de eXeLearning son moi variadas e ofrecen múltiples posibilidades para interactuar co material que estamos construíndo: espertar o interese inicial, xerar preguntas, repasar conceptos, establecer ideas clave e un longo etcétera. Case todas estas actividades funcionan como actividades de autoavaliación .

Hai que ter presente que das actividades interactivas que se presentan neste apartado, as únicas que gardan as cualificacións do alumnado se se cargan a unha plataforma LMS como Moodle son: Actividade GeoGebra, Test SCORM e Vídeo interactivo.

Para acceder ás actividades interactivas só temos que amosar a pestana que as oculta na sección de iDevices, na parte inferior esquerda.

Captura de pantalla de actividades interactivas
Actividades interactivas despregadas

Vexamos algúns exemplos.

Para máis información recomendamos a consulta do Manual de eXeLearning, no apartado "Actividades interactivas".

SCORM (Sharable Content Object Reference Model) é un estándar que permite que un recurso educativo comunique datos cunha plataforma de aprendizaxe (LMS), como Moodle. En eXeLearning, cando exportas un proxecto como paquete SCORM, créase un paquete que pode enviar información ao LMS sobre o progreso e o resultado do alumnado.

eXeLearning non xestiona SCORM a nivel de actividade, senón a nivel de páxina: progreso e puntuación SCORM gárdanse por páxina, non por cada actividade que se poña nela.

Polo tanto, se metemos varias actividades nunha páxina, o resultado SCORM:

  • Pode sumar mal as puntuacións
  • Ou só gardar o resultado da última actividade feita na páxina, dependendo do LMS (Moodle).

Para garantir un seguimento correcto en SCORM:

  • Crea unha páxina por actividade avaliable.
  • Moodle rexistrará correctamente o progreso e a nota de cada unha.

Se metemos nunha mesma páxina varias actividades avaliables, só debemos activar o gardado de puntuación naquela que interese como instrumento de avaliacón. Nas restantes, cómpre marcar a opción "Non gardar a puntuación". Só se gardará a puntuación da actividade que teña activada a opción de gardar.

Se o obxectivo non é avaliar (senón ofrecer práctica interactiva), podemos xuntar varias actividades na mesma páxina sen problema.

Actividade despregable

Nun primeiro corpo de texto debemos completar unhas instrucións mentres que en texto escribiremos o contido sobre o que imos traballar. Sempre podemos engadir outras palabras e comentarios para dar pistas sobre a palabra correcta.

Vexamos o exemplo:

Os recursos abertos (REA) son materiais de ensino, aprendizaxe ou que son de dominio público ou publicados con de propiedade intelectual que facilitan o seu uso, adaptación e distribución .

Activar JavaScript

Test SCORM

Pregunta

O cuestionario SCORM utilízase para propor unha ou varias preguntas a unha alumna ou a un alumno. É moi semellante ao iDevice Pregunta de selección múltiple pero permite seguir as respostas do alumno ou da alumna e cargar notas se se carga a unha plataforma tipo Moodle.

Respostas

Esta explicación é certa

Esta explicación é falsa

Pregunta

Vexamos outro exemplo... Unha imaxe pode ser un REA?

Respostas

Si, é gratuíto

Non porque non é modificable

Si, se foi publicado cunha licenza aberta que permita o seu uso, modificación e distribución gratuítos. Se tamén se ofrece o ficheiro fonte para que se poida modificar, é unha REA de calidade.

Pregunta

Como se realiza un cuestionario SCORM?

Respostas

O cuestionario SCORM ofrece un cadro de texto ou pregunta onde marcas a resposta correcta.

O cuestionario SCORM ofrece dous cadros de texto: un para a pregunta e outro para a resposta. Podes engadir tantas respostas como queiras, só tes que seleccionar cal é a resposta correcta.

Activar JavaScript

Lista desordenada

A sección de instrucións explica a dinámica para ordenar a lista. Por exemplo, imos poñer en orde as letras que forman a palabra cREAgal:

  • c
  • R
  • E
  • A
  • g
  • a
  • l

Comprobar

Correcto!

2025104165536-120
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

Non é correcto... Resposta correcta:

Vídeo interactivo

com/watch?v=fHKnl4r_whM

Feito con eXeLearning (Nova xanela)