Saltar navegación

Lightbox

O efecto LightBox permítenos ofrecer máis información sobre unha imaxe ou texto, engadindo unha imaxe, un vídeo ou un audio ao abrirse un cadro de diálogo.

Por exemplo, se prememos sobre a imaxe inferior verémola máis grande.

Imaxe dun lago con montañas nevadas ao fondo
Wikipedia. Paisaxe (CC BY-SA)

LightBox con imaxe

Os pasos para engadir o efecto LigthBox inserindo unha imaxe sobre outra imaxe ou texto son moi sinxelos:

1. Incorporar unha imaxe ou texto ao noso iDevice.
2. Facer clic sobre a imaxe ou o texto engadido e inserir unha ligazón.

Paisaxe con ligazón
Inserir ligazón na imaxe

3. En dirección da ligazón, examinamos e achegamos de novo a imaxe

4. No campo Rel seleccionamos a opción Lightbox

Lightbook2
Escoller de novo a imaxe e seleccionar LightBox

Información

Para máis información consultar o vídeo Efecto LightBox sobre imaxe.

LightBox con vídeo

Os pasos para facer LigthBox sobre imaxe ou texto, inserindo un vídeo, son parecidos ao anterior:

  1. Inserir a imaxe ou escribir o texto
  2. Facer clic sobre a imaxe inserida ou sobre o texto para enlazar e inserir unha ligazón
  3. En dirección da ligazón, pegamos a URL do vídeo de YouTube
  4. No campo Rel seleccionamos a opción LightBox
lightbox video
Inserir o enderezo do vídeo

Información

Para máis información, aconsellamos consultar o vídeo Efecto LigthBox a vídeo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)